Skip to Content

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Todas as persoas interesadas en participar nas xornadas de portas abertas teñen que chamar ao colexio para apuntarse (886120233) ou enviar un correo electronico (ceip.paraixal@edu.xunta.gal) .

Debido  as normas que o protocolo covid inpón debido a pandemia este ano as xornadas non van a ser presenciais. A vindeira semana explicaremos como se van facer.

Para as familias que esten interesadas están adxuntados varios documentos do colexio.

Un saúdo

CALENDARIO SOBRE A ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 202O-2021

 

PROCESOS

PRAZOS

XESTIÓN E DOCUMENTACIÓN

 

Reserva de praza nos centros adscritos ou para cambio de etapa (infantil aprimaria) IES adscrito: IES A GUIA

 

 

11 xaneiro-8 febreiro

 

ANEXO I

(Enviar ás familias de 6º de EP. Deberán cubrilo e entregalo na secretaría do centro actual). Modelo ED550A Dispoñible na web da XuntaAdmisión de Alumnado

 

Publicación de postos escolares vacantes

 

Antes do 1 de marzo

 

Estudio de vacantes do centro e carga na aplicación.

Admisión de Alumnado

 

Presentación de solicitude de praza ordinario (noutros centros ou nova admisión)

 

Do 1 - 20 de marzo

 

ANEXO II e fotocopia do Libro de Familia

ED550B

Solicitalo no propio IES de referencia Dispoñible na web da Xunta

 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

 

Antes do 25 de abril

 

Publicación na web do centro e nos taboleiros interiores do centro

 

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

Antes do 15 de maio (expostas ata comenzodo

cursoseguinte)

 

Publicación na web do centro e nos taboleiros interiores do centro

 

Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria

 

20 – 30 de xuño

 

Matriculación no noso centro:

ANEXO III-1 e documentación solicitada polo centro

 

Formalización matrícula en Secundaria

 

25 xuño-10 xullo

 

Matriculación no centro de Secundaria: Centros de Secundaria

INFORMACIÓN E INSTRUCIÓNS PARA OS CENTROS RELATIVAS ÁS BOLSAS NEAE 2020-2021

Bo día.

A día de hoxe acaban de de mandarnos as instruccións para todas as familias que queiran solicitar unha bolsa   por alumnado NEAE.

Corresponde ás direccións do centro informar ás familias para que presenten e entreguen as bolsas nos centros educativos para a posterior remisión, por parte das direccións, á inspección educativa.

Adxunto información no PDF. 

ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS 3ª AVALIACIÓN

Prezadas familias:

Neste espazo tedes, á vosa disposición, as adaptacións das Programacións Didácticas para desenvolver o terceiro trimestre do curso. Seguindo as instruccións marcadas pola Consellería, todas as programacións didácticas das diferentes áreas, materias e niveis educativos foron modificadas para adaptarse a situación actual que se está a vivir durante este curso 2019-2020 e máis concretamente durante o terceiro trimestre.

Na lista seguinte podedes acceder á nova programación do terceiro trimestre no relativo as actividades a desenvolver, a metodoloxía de avaliación e os criterios de promoción de curso.

Moita saúde e un saúdo para toda a familia.

COMUNICADO ÁS FAMILIAS DO CEIP PARAIXAL

Estimadas Familias:

Desexando que a saúde física e anímica de todo o voso entorno sexa positiva, queremos facervos chegar a seguinte información. Pregamos leades con detemento esta información xa que é clave para entender aspectos básicos cara ao desenvolvemento deste trimestre:

Situación actual do terceiro trimestre

O martes 28 de abril, foron publicadas as Instrucións definitivas da Consellería de Educación para o desenvolvemento do terceiro trimestre. Estas instrucións, conxuntamente coa Orde do Ministerio de Educación e Formación Profesional regularán o desenvolvemento básico para o terceiro trimestre, o final de curso e o inicio do curso escolar 2020-2021, con carácter excepcional. Ao mesmo tempo comentar, dende o Goberno están a planificar a situación de desescalada do estado de alarma, polo que cada día ou semana teremos posibilidade de novas instrucións.

A dirección e o equipo docente irá informando sobre os acordos definitivos que modifiquen calquera situación actual do contexto educativo.

Avaliación e Promoción:

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado.

O equipo directivo e o equipo docente velarán polo mellor trato e valoración do alumnado de cara á finalización do curso, priorizando a promoción e optando pola repetición soamente en casos extraordinarios, debidamente argumentados e con un plan de reforzo especial para o vindeiro curso escolar. Este trimestre será de carácter diagnóstico e de reforzo, sendo os dous primeiros a referencia básica para calquera decisión sobre promoción.

Tarefas e traballo educativo no terceiro trimestre

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. As tarefas propostas son recomendacións para manter rutinas de traballo. O equipo docente fará un seguimento das mesmas  pero non haberá avaliación nin cualificación das mesmas cara as notas finais do curso.  As distintas tarefas estarán a disposición do alumnado e das familias na Aula virtual e Blogues de aula.

Volta ás aulas

A data de hoxe aínda está en fase de estudio por distintos Ministerios (Sanidade, Educación) a posibilidade da volta ás aulas no final do curso. Pregamos ser cautelosos e atender aos comunicados recibidos dende o centro educativo.

Reorganización do terceiro trimestre

Os equipos docentes de cada curso,  adaptarán a programación didáctica das ensinanzas correspondentes a cada área. Seran publicadas na páxina web do centro

 

Moito ánimo, xa queda pouco para o encontro presencial desexado

A dirección

Alumnado infantil

O alumnado de infantil pode consultar propostas e recomendacións diarias no blog: http://blogparaixal.blogspot.com

II Xornadas da Lingua

V XORNADAS DE IGUALDADE DO CEIP PARAIXAL

IV XORNADAS DE IGUALDADE NO PARAIXAL

Nos ficheiros adxuntos tedes a inscripción as xornadas e o programa

VISÍTANOS APAMP

Poidemos ter unha xornada fenomenal con tres actores da APAMP. Compartimos con eles unha xornada de teatro. Leron e interpretaron un conto realizado por eles. Escribiron e debuxaron todo o libro. Tamén nos cederon un exemplar para a biblioteca. O libro chámase "Elisa no mundo das marabillas". E estivemos xogando xuntos. Agardamos que o vindeiro ano volten a facernos unha visita.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut