Skip to Content

Novas do centro

ABALAR MÓBIL

ACCESO A ABALAR MÓBIL

 

RECOMENDAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE AÍNDA NON A TEÑAN,  QUE PODEN INSTALAR A  APLICACIÓN abalarMobil NOS SEUS TELÉFONOS PARA PODER RECIBIR COMUNICACIÓNS MÁIS FACILMENTE.

De todos xeitos, cada titor/a enviará as cualificacións por correo electrónico para aqueles que non a teñan.

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil de forma cómoda e rápida para consulta de cualificacións.

So tedes que buscala en GOOGLE PLAY (Android) ou APP STORE (IOS).

Aquí tedes un enlace á explicación de como instalar dita aplicación.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020

  

LISTA DE MATERIAL

daráselles ó iniciar o curso escolar, no mes de setembro.

 

 

PLAN DE ADAPTACIÓN 2018-2019

 Pinchando na imaxe de abaixo podedes descargar e imprimir o

PLAN DE ADAPTACIÓN para o novo alumnado de 4º Ed. Infantil (3 anos)

FONDO LIBROS E LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-19

   FONDO LIBROS: LIBROS DE TEXTO QUE FORON CONCECIDOS por cursos (pinchar na imaxe):

 

Listaxe dos LIBROS DE TEXTO PARA INFANTIL E PRIMARIA 2018-2019 (pinchar na imaxe)

 

PLAN DE ADAPTACIÓN E ENTREVISTAS FAMILIA-TITORA

Estimadas familias do novo alumnado de 4ºEd.Infantil (3 anos):

A continuación adxuntamos o PLAN DE ADAPTACIÓN e as datas da ENTREVISTA FAMILIA-TITORA para o mes de setembro do 2017. Para acceder a toda a información, soamente tedes que pinchar na imaxe correspondente.

Tal e como comentaramos no mes de xuño, é preciso un período de adaptación dos nenos ó colexio, ó novo profesorado, ós horarios e ás rutinas. Como veredes, nos primeiros días accederán en pequeno grupo (fixádevos a que grupo pertence o voso fillo/a) e non deben traer merenda (pero sí botellín de auga). Dado que o horario de merenda de media mañá é de 11.30 a 12h, a partir do luns 18, MERENDAREMOS NA AULA (aínda que, nestes primeiros días, comezaremos un pouco antes). Así que, cada un/unha, debe traer algo para tomar na clase (aconsellamos que traian cousas que saibades que van comer ben neste periodo de tempo).

Asemade, adxutamos as datas na que se vos cita para unha primeira entrevista coa titora (a duración será de 15 minutos aprox.). Ese día tedes que vir co neno/a e pode vir a nai, o pai ou ambos. Como xa vos comentaramos, se non podedes acudir, agradeceríamos que nos escribades un e-mail (infantilcampano@gmail.com) e buscamos outra alternativa.

  

  

DÍA DE PORTAS ABERTAS no colexio

DÍA DE PORTAS ABERTAS no colexio. Se queredes coñecer o colexio, como traballamos, as actividades ofertadas e a metodoloxía, non dubidedes en vir visitarnos o MARTES, 21 DE FEBREIRO.

 

 

E se queredes descargar o TRÍPTICO e saber un pouquiño máis de nós, pinchade na foto de abaixo.

 

 

PLAN XERMOLA

 

RECOMENDACIÓNS para elaborar menús saudables

 

 

 

GUÍA DE AXUDA para elaborar de menús saludables (SERGAS)

 

 

 

 

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO COAS FAMILIAS

Como cada inicio de curso, convocamosvos ás familias do alumnado as REUNIONS DE PRINCIPIO DE CURSO coas titoras:

 

1º e 2º DE PRIMARIA 20 de setembro 16.30 h
5º e 6º DE PRIMARIA 20 de setembro 17.30 h
INFANTIL (3,4 e 5 anos) 27 de setembro 17.30 h
3º e 4º DE PRIMARIA 27 de setembro 16.30 h

 

 

FORMULARIO de solicitude de COMEDOR E PLAN MADRUGA: curso 2016-2017

Xa se pode efectuar a solicitude de alta para o curso 2016-17 dos servizos complementarios de comedor e madruga. Para iso, coma en anos anteriores, deberá remitir a ficha cuberta integramente a SERUNION por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo galicia@serunion.elior.com.

Lea atentamente as condicións de servizo no PDF anexo xa que hai pequenas novidades que se deben coñecer antes de expresar a conformidade cos regulamentos de comedor.

1. Modalidades de contratación dos servizos:

a. Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada de seguido, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.
b. Calendario de días ou Turno laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.
c. Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.

 

Plan Madruga e Comedor escolar

 NORMAS DESDE A F.A.N.P.A.

CEIP PARADA-CAMPAÑÓ

SERVIZO DE MADRUGA E COMEDOR

- Horario de madruga: de 7:30 a 9:30 horas. Os nen@s que almorcen terán que chegar antes das 8:30 horas.

O acceso para o Plan Madruga é pola cancela pequena do lateral do colexio (como se pode ver la fotografía) xa que as escaleiras están pol parte de atrás do centro. Polo tanto, soamente poderase acceder a través desa porta xa que, as demáis, estarán pechadas. De todos xeitos, só a partir das 7.30h, as monitoras abriran a cancela de acceso e o pai/nai/titor legal que traia ó neno/A, deberá acompañalo ata a porta do comedor e entregalo/a á monitora.

- Horario de comedor: de 14:30 a 16:30 horas. Haberá dous horarios de saída: de 15:30 a 15:45h e o segundo de 16:15 a 16:30 horas. Non se poderá recoller ós menores fora dese horario salvo causa xustificada.

- ARUME: a empresa que xestiona o comedor e o Plan Madruga é Arume. Para calquer asunto que queirades comunicar, debedes poñervos en contacto con eles a través do TELÉFONO DE ATENCIÓN A PAIS 607.63.44.13 e tamén podedes imprimir a FICHA DE INSCRIPCIÓN pinchando aquí

Teñen que deixar e recoller ós ne@s na porta do comedor. Será responsabilidade dos pais subilos e baixalos polas escaleiras.

 

MATRÍCULA ESCOLAR .-toda a información e documentación

ORDE   Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

 

XUNTA DE GALICIA (Procedemento de admisión). Toda a información na súa páxina web: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/8858

 

SEDE ELECTRÓNICA (para presentar a SOLICITUDE por VÍA TELEMÁTICA,é dicir, por internet)

 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=550A

 

INFORMACIÓN

DATAS DE ESCOLARIZACIÓN PUNTUACIÓNS 

 

 

DOCUMENTACIÓN

(durante a Reserva de praza

e durante a Matrícula) 

 

 

 

ANEXO II - ED 550D:

 FORMULARIOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

                     (reserva de praza)                                       

 ANEXO III: 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

no colexio é do 20 ó 30 de xuño.                                 

 

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2015-2016

LUNS

- NATACIÓN PONTEMUÍÑOS: 1º) 16.30h - 17.15h  e   2º) 17.15 - 18.00 h

 

MARTES

- TAEKWONDO: 16.30h - 17.30h 

- PATINAXE: 16.30 - 17.30 h (traer patíns e accesorios protectores)

 

MÉRCORES

- XIMNASIA RÍTMICA: 16.30 - 17.30h

- BALONMÁN: 16.30h - 17.30h

 

XOVES:

- ESGRIMA: 16.30 - 17.30 h

- INGLÉS LÚDICO infantil: 16.30h - 17.30h

 

VENRES

- INGLÉS LÚDICO primaria: 16.30h - 17.30h

- NATACIÓN BUDO: 16.30h - 17.30 h

Distribuir contido


by Dr. Radut