Skip to Content

Axudas: Fondo solidario de libros de textos e axudas para material

 

Segundo a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:

· Fondo Solidario de libros de texto: alumnado de 3ºe 4º de Primaria.

· Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Primaria.

·  Axudas para material escolar: todo o alumnado de Primaria.

 

Para facer a solicitude cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:

·       

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, empregando para tal fin os formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).

·       

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal).

·       

Opcionalmente, poderanse presentar a solicitude de xeito manual e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. Non vos esquezades de asinala.

 

HORARIO E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CENTRO.

O horario será de 13:40h a 14:30h de luns a venres.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 19 de maio)  e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

INFORMACIÓN IMPORTANTE.

Deberedes de achegar coa solicitude (ANEXO I)a seguinte documentación:

·       

Anexo II

·       

Copia do libro de familia (se non tivesen habería que entregar o volante ou certificado de convivencia)

·       

Para os proxenitores que estean separados, terán que presentar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro.

 

En adxuntos para descargar

ANEXO 1 y 2

AdxuntoTamaño
anexo 1 y 2 fondo libros.pdf1.79 MB


paxina | by Dr. Radut