Skip to Content

Cómic

Conmemoramos o Día do Cómic recreando a coñecida tira cómica: “13, Rue del Percebe” creada por Francisco Ibáñez.

Cada aula elaborou un piso, quedando así de xenial! 

Podcast sobre o lume e a terra

Día Internacional da muller

Conmemoramos o 8M na nosa biblio cun recitado de poemas escritos por mulleres. As voces do alumnado soan con forza, altas e claras para seguir defendendo a igualdade.

Posteriormente, tivo lugar un acto conxunto coas compañeiras e compañeiros do IES, así como con integrantes do CIM de Palas de Rei, no que se realizou a lectura dun manifesto.

Para preparar este día, a nosa mascota Daia, recolleu unhas cantas lecturas neste recanto, que nos serviron para traballar nas aulas.

 

Teatro en Ourense

O alumnado de 5º de educación primaria acompañou ao Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei ata o Teatro Principal de Ourense, para ver a súa participación na obra "Á luz das Candeas", obra benéfica en colaboración coa ONG Meniños.

Ollade máis imaxes dende aquí.

Admisión alumnado

Ábrese o prazo para a solicitude de admisión de alumnado, para calquera consulta non dubiden en chamar ao centro: 982 87 06 28 ou 982 87 06 27

Dende os enlaces poden acceder ao seguintes documentos:

-Información sobre o proceso de admisión e vacantes ofertadas polo centro.

-Documentación a aportar.

-Solicitude para descargar e cubrir de xeito manual: ED550B-G Anexo II (dispoñible no centro)

-Tamén poden cubrir a solicitude informáticamente ou na Sede Electrónica: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Recitamos

 Recitamos uns poemas de Rosalía de Castro na radio do cole.

Escoitade!

Día de Rosalía

 Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cunha exposición de carteis sobre a biografía da escritora, elaborados por todo o alumnado do cole.

 

Recanto para Rosalía

Espazo para Rosalía na nosa biblio.

E a ti, cal che apetece ler?

 

No invernadoiro

Velaquí a recollida de verza de hoxe.

Que ganas de xantar un bo caldiño!

Mirade máis imaxes premendo aquí. 

 

Xornada portas abertas

Distribuir contido


by Dr. Radut