Skip to Content

VISITA AOS PETROGLIFOS DE SESELLE

 

O pasado venres 12 os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º EP visitaron a parroquia de Seselle para facer unha visita guiada polos petroglifos recentemente atopados na zona. A visita, organizada polo concello, incluiu un roteiro con actividades xogadas mediante as cales os rapaces foron quen de coñecer máis polo miúdo a súa contorna. 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Xa temos listo a montaxe fotográfica coas imaxes das actividades que levamos a cabo co gallo do Día das Letras Galegas celebrado este ano conxuntamente cos Maios. Aproveitamos a xuntanza para entregar os premios aos gañadores do concurso de relatos organizado polo centro. Noraboa a todos¡¡

CONCERTO IMPROVISADO

 

Onte martes tivemos o pracer de poder asistir a un concerto improvisado durante o recreo por parte do noso profesor de música Pablo Pardo e Kike da Escola de Música de Oza. Os pequenos pasaron un rato divertido grazas a interpretación de diversos temas por parte destes dous virtuosos do saxo.

 

NOVOS PODCAST RADIO RUMOROZA 3º E. PRIMARIA

 

Novos capitulos publicados en Radio RumorOza.

 

CARAPUCHIÑA VERMELLA - 4º E. PRIMARIA

EL COCODRILO - 3º E. PRIMARIA

NOTICIAS RUMOROZAS - 6º E. PRIMARIA

ADMISIÓN ALUMNADO 23/24

 

Conforme a Orde de 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 de 3 de febreiro que regula o proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, veñen de ser publicadas as listaxes provisionais de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2023/2024. As devantidas listaxes poden ser consultadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS FORON ADMITIDAS.

O vindeiro 15 de maio serán publicadas as listaxes definitivas.

 

27 de abril de 2023

A dirección

DÍA DO LIBRO 2023

 

Co motivo do Día do Libro ao longo destas semanas realizamos diferentes actividades para dinamizar a lectura entre o noso alumnado. Nesta ocasión, o alumnado de Infantil, 1º e 2º de E.Primaria tivo a oportunidade de asistir a un contacontos na biblioteca do centro baixo o titulo "O peixe arco da vella"

 

CONTACONTOS E. INFANTIL

O pasado 17 de abril tivemos a oportunidade de recibir ao contacontos Benxamín que representou unha serie de contos tradicionais para todo o alumnado de Educación Infantil.  

 

XORNADA DE ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL PARA AS FAMILIAS

Se ben o pasado 16 de xaneiro o profesorado do CEIP Oza dos Ríos e o do CEIP Plurilingüe Bragade asistiu a unha xornada formativa de autorregulación emocional para docentes, este pasado luns 17 de abril, extendeuse esta iniciativa ás familias do alumnado de ámbolos dous centros.

En nome dos dous centros, moitas grazas a todas/os as/os nais/pais asistentes, agardando que esta resultase de proveito.

Este programa de actividades está enmarcado na liña EMOCIÓNA-T dos Contratos-Programa e no Plan de Benestar Emocional.

RADIO RUMOROZA. PODCASTS 6º E.P.

FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE

APOLO XI

A GUERRA CIVIL

OS ROMANOS EN GALICIA

Distribuir contido


by Dr. Radut