Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

PANTALLAS SEN CONTROL

Esperámosvos a todas este mércores na Casa da Cultura para falar sobre os riscos que conleva un mal uso das pantallas nas rapazas e rapaces.

Alí nos vemos!

*Podedes descargar o cartel en adxuntos.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 23-24

Benvidas e benvidos a tod@s a este novo curso.

Como equipo docente queremos darvos a benvida a este curso 2023/24 que afrontamos con enerxías renovadas. 

 

Durante os próximos mércores e xoves, día 6 e 7, celebraremos as xuntanzas por curso para poder presentar ao profesorado e entregar os vales de material e cheques de libros. 

 

 

Recibide un agarimoso saúdo.

SELLO DE VIDA SALUDABLE

 

E vimos de recibir a noticia da concesión do “Sello de Vida Saludable” do Ministerio de Educación e Formación Profesional @educaciongob

Este distintivo é un recoñecemento público aos centros docentes que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de vida saúdable e actividade física.

Como recolle o BOE está concedido aos centros que teñen un firme e inequívoco compromiso co desenvolvemento e mellora da calidade esucativa e da saúde. En concreto no noso centro este selo concedeuse, entre outras, polas seguintes propostas:

  •  Elaboración do Proxecto de vida activa e deportiva.
  • Introducción dun espazo de psicomotricidade na libre circulación de EI.
  • Promoción de recreos activos no que se diseñaron espazos e materias que invitaran á actividade física: bicis e patinetes, zona excavación, rocódromo, apertura ximnasio para actividades de raqueta…
  • Participación en Xogade: campo a través, piragüismo, remo, kayak…
  • Deseño e implementación de PDI que abordan os habitos de vida saudables e como este traballo se difundiu na comunidade educativa.
  • Rutas de senderismos para coñecer a contorna.
  • Milla no centro con percorrido deseñado polo alumnado.
  • Sesións  de primeiros auxilios.
  • Programa de merendas saudables aportadas polo centro para todo o alumnado.
  • Carreira solidaria con participación das familias.
  • Xornada de convivencia e xogos populares 
  • Deseño de menús saudables elaborados por @nutricoles
  • Xornadas de formación sobre alimentación para alumnado, familias e persoal do centro.

 Noraboa a todas pola vosa implicación! Orgullo de comunidade educativa Guiño

 #somosoutes #selocalidade #sellovidasaludable

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

O pasado día 30 o Consello Escolar aprobou o Proxecto Educativo do centro.

Este documento, no que levamos meses traballando e que se redactou en comisións, foi unha gran oportunidade de pensar e debatir sobre a escola que queremos.

Este documento dá resposta a preguntas como: como se traballa co alumnado? Que espazos de aprendizaxe podemos atopar? Cal é o nivel de implicación do profesorado? Cal é a nosa cultura avaliativa? Como participa a comunidade educativa no funcionamento do centro?

Pódese descargar en adxuntos ou en documentos de centro.

ABERTO PRAZO SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

Prazo de entrega do Modelo de Autodeclaración Comedor Escolar para o Curso 2023-2024, dende o Xoves 6 de Xullo ata o Mércores 12 de Xullo en horario de 09:00 h ata 14:00 h

Para solicitar praza é preciso estar ao corrente de pago dos recibos do curso 2023-2024

MATRÍCULA CURSO 2023-2024

O prazo para formalización da matrícula de alumnado de nova incorporación ao centro será do 20 ao 30 de xuño de 2023.

Pódese descargar o impreso de matrícula e demais documentación nos anexos adxuntos.

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- IMPRESO MATRÍCULA.

- 1 FOTO CARNÉ.

- FOTOCOPIA TARXETA SANITARIA SOLICITANTE.

- NO CASO DE PROXENITORES SEPARADOS APORTAR SENTENZA XUDICIAL.

- NO CASO DE ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS DE APOIO EDUCATIVO APORTAR DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DE DITA NECESIDADE.

DATAS E HORARIOS DE ENTREGA

Día 20 e 21 de xuño

    12:30 - 15:00

Do 22 ao 30 de xuño

      9:30 - 14:00

CELEBRACIÓN 50º ANIVERSARIO

 

* Podedes descargar o cartel en adxuntos.

PREMIO RETOS POLOS CREATIVOS

Estamos de celebración!!! O proxecto "Outes soñando o patio" ven de ser premiado dentro dos Retos Polos Creativos na categoría de Mellor solución de accesibilidade e convivencia.

Neste traballo o alumnado do noso centro organizado en 17 comisións deseñou os distintos espazos que o Consello da infancia perfilou despois de analizar as propostas das aulas.

Estas comisións encargáronse de investigar as posibilidades dos espazos, de buscar propostas, de deseñar, de escoitar a persoas expertas que as asesoraran, de realizar os orzamentos do seu proxecto, de redactar o dossier do seu proceso e de buscar materiais e realizar a maqueta do mesmo.

Todo este traballo das 17 comisións volcouse nunha maqueta xeral do patio que recolle a escala todas estas propostas  e nun amplo e detallado dossier que a acompaña.

Orgullosas como comunidade doutro traballo colectivo de mellora do espazo escolar no que o alumnado se empodera e comproba que traballando xuntas por un obxectivo común somos mais fortes.

 

COLOQUIO SOBRE RELACIÓNS AFECTIVO-SEXUAIS DE FILLOS/AS

 

Convidamos a todas as familias a asistir ao coloquio sobre as relacións afectivo-sexuais que terá lugar o próximo 5 de xuño na Casa da Cultura de Outes.

Promete ser unha experiencia moi enriquecedora da man de Sonia Fernández e Pepe Cabido.

Esperámosvos!

LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO

Todas as solicitudes feitas en prazo foron admitidas.

Pódense consultar as listas na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ entrando coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.

Todas as persoas admitidas terán que presentar solicitude de matrícula do 20 ao 30 de xuño. 

Distribuir contido


by Dr. Radut