Skip to Content

QUE É O DEPORTE?

Os xoves a segunda hora temos no horario a hora do proxecto. Hoxe repasamos o que queríamos saber e o que xa sabíamos e completámolo un pouco máis. Ademáis unha das preguntas que nos faciamos era que era un deporte así que puxémonos mans á obra.

Estivemos pensando onde poderiamos atopar información sobre os deportes e sairon varias opcións:

- Mirando nas revistas.

- Mirando nos periódicos.

- Mirando nos libros.

- Mirando na biblioteca.

- Mirando en Internet.

- Buscando no dicionario.

- Preguntándolle a un maior.

A profe ensinounos dúas maneiras en unha. Buscamos no dicionario pero a través de internet. Así miramos a definición de deporte no dicionario da Real Academia Galega on line. Como eran un pouco complicadas as palabras fixemos a nosa propia definición e copiámola no caderno acompañada dun debuxo.

Aqui tedes algúns dos resultados.

 

 

 



page | by Dr. Radut