Skip to Content

ALGÚNS RINCÓNS DA AULA

Todos os días na clase de mate temos unhas rutinas que lles toca de facer aos dous encargados diarios. O luns traballamos o cálculo mental, o martes medimos e pesamos, o mércores xogamos co reloxo, o xoves cos números e o venres cos cartos.

Estas son algúns dos rincóns que fomos preparando. Aínda queda moito por facer pero pouquiño a pouco "A clase dos listos" estase a converter en lugar de aprendizaxe.

Ensinámosvos como practicamos para memorizar os números que suman dez de forma mental. Ao tempo que aprendemos saltamos un pouco cos números pegados no chan e pasámolo moi ben!

Tamén temos pegados na pizarra estes simpáticos crocodilos que nos ensinan un truco sobre como recordar os símbolos maior e menor.

Puxémoslle tamén ao reloxo unhas pouquiñas pistas para acordarnos e comprender ben como vai iso da hora.

Por último, a nosa porta personalizada con camisetas que nos identifica co nome que eliximos entre todos e que di algo máis sobre quen somos e as nosas preferencias individuais.

 

 



page | by Dr. Radut