Curso 2019-2020

Actividades realizadas no curso 2019-2020.

RETO CORONAVIRUS 4 - PAPEL HIXIÉNICO (PARTE 2)

Boas a tod@s.

Dende a aula de Educación física e música creamos unha nova sección (no lateral dereito) co obxectivo de traballar contidos comúns das dúas asignaturas cun reto semanal de caracter voluntario. Creemos que esta pode ser unha alternativa para os momentos de ocio e aburrimento. Cada luns un reto novo. Se queres podes grabarte e enviarnos o teu reto conseguido ao correo retocoronavirus@ceipouteirodaspenas.com

Seguimos co reto 4, novamente co papel hixiénico de protagonista e un pequeno titorial para que aprendades os movementos. Pincha na imaxe para ver o vídeo.

Para ver os vídeos dos retos anteriores conseguidos polo alumnado, preme no vírus da sección lateral dereita ou AQUÍ.

 

FINALISTAS DO CONCURSO DE COPLAS DE MAIOS 2020

Xa temos gañadores/as do concurso de coplas de maios 2020. Os gañadores son:

  • Infantil: Tristá Abal Arrobo (5º de E. Infantil)
  • 1º-2º: Jose Antonio Amoedo Antón (2º E.P.)
  • 3º-4º: Faia Martínez Noya (3ºB E.P.)
  • 5º-6º: Sergio Domínguez Pazó (6ºA E.P.)

A continuación vos deixamos as coplas gañadoras que nalgunha sección foi moi clara e noutra moi reñida como na sección de 3º-4º onde resultou difícil decidir. Os gañadores recibirán un libro como premio que será entregado nas súas casas nos próximos días. Moitas grazas a tod@s por participar e ata o vindeiro ano.

 

CONCURSO DE COPLAS DE MAIO 2020

Queridas familias. Dada a situación actual e a imposibilidade de facer os maios este ano, dende o centro imos facer un concurso de coplas de maios. Para isto, queremos animarvos a participar nesta proposta facendo e cantando coplas de maios. Unha copla é un conxunto de 4 versos de oito sílabas con rima nos pares.

Para isto, tedes que facer dúas cousas: as coplas por un lado e unha gravación (audio e/ou vídeo) destas cantadas por vos por outro lado. Permítese que os pais e nais axuden se lles apetece pero o alumnado é o que ten que cantar sempre as súas coplas. Non fai falla dicir que as coplas deben ter un punto picante no seu contido pero SEMPRE respetuoso e que o tema estrela deste ano é… o coronavirus, que vai ser? Se queredes participar, tedes que enviar as vosas coplas (documento word, foto…) e as gravacións cantadas (audio, vídeo…) indicando o nome do alumno/a e o curso ao seguinte correo: musicascativas@gmail.com antes do vindeiro venres dia 1 de maio. Haberá 4 categorías (infantil, 1º-2º, 3º-4º e 5º-6º) e os gañadores verán publicadas as súas coplas na páxina do cole e recibirán un libro de agasallo. Déixovos un exemplo a continuación premendo na imaxe.

Grazas e moito ánimo con todo.

 

RETO CORONAVIRUS 3 - BAILE DO TRIÁNGULO

Dende a aula de Educación física e música creamos unha nova sección (no lateral dereito) co obxectivo de traballar contidos comúns das dúas asignaturas cun reto semanal de caracter voluntario. Creemos que esta pode ser unha alternativa para os momentos de ocio e aburrimento. Cada luns un reto novo. Se queres podes grabarte e enviarnos o teu reto conseguido ao correo retocoronavirus@ceipouteirodaspenas.com

Seguimos co reto 3, nesta ocasión traemos o baile do triángulo, unha divertida forma de darlle movemento a moitas cancións dunha forma divertida. Pincha na imaxe para ver o vídeo e un pequeno titorial para que aprendades os movementos.

Para ver os vídeos dos retos anteriores conseguidos polo alumnado, preme no vírus da sección lateral dereita ou AQUÍ.

 

RETO CORONAVIRUS 2 - PAPEL HIXIÉNICO

Boas a tod@s.

 

Dende a aula de Educación física e música creamos unha nova sección (no lateral dereito) co obxectivo de traballar contidos comúns das dúas asignaturas cun reto semanal de caracter voluntario. Creemos que esta pode ser unha alternativa para os momentos de ocio e aburrimento. Cada luns un reto novo. Se queres podes grabarte e enviarnos o teu reto conseguido ao correo retocoronavirus@ceipouteirodaspenas.com

Seguimos co reto 2, co papel hixiénico de protagonista e un pequeno titorial para que aprendades os movementos. Pincha na imaxe para ver o vídeo.

Para ver os vídeos dos retos anteriores conseguidos polo alumnado, preme no vírus da sección lateral dereita ou AQUÍ.

 

RETO CORONAVIRUS 1 - OH NANANA

Boas a tod@s.

Dende a aula de Educación física e música creamos unha nova sección (no lateral dereito) co obxectivo de traballar contidos comúns das dúas asignaturas cun reto semanal de caracter voluntario. Creemos que esta pode ser unha alternativa para os momentos de ocio e aburrimento. Cada luns un reto novo. Se queres podes grabarte e enviarnos o teu reto conseguido ao correo retocoronavirus@ceipouteirodaspenas.com

Comezamos co reto 1, coa canción "oh Nanana de Bonde R300" e un pequeno titorial para que aprendades os movementos. Pincha na imaxe para ver o vídeo.

Para ver os vídeos dos retos anteriores conseguidos polo alumnado, preme no vírus da sección lateral dereita ou AQUÍ.

 

Talleres inter niveis 19/20 semana 15

A semana  pasada realizamos a décima edición neste curso dos talleres inter niveis. Clica na foto para ver un resumo. Para ver todas as fotos, fai clic AQUÍ.

 

Powered by Drupal - Design by artinet