Curso 2016-2017

Visita de Jacobo Fernández

O 21 de abril visitou o Outeiro o escritor e ilustrador Jacobo Fernández, autor de "Marcopola". Os alumnos de 1º e 2º de Primaria desfrutaron das historias de Marcopola, esa illa remeira perdida no océano e os seus amigos. Despois desta visita, e de mergullarse na lectura de Dragoneta os nenos e nenas están desexando ler a 4º entrega " Avoa Power" da que nos deu algún adianto. E que mellor forma de rematar a sesión que cunha firma de libros!!

Moitas grazas Jacobo. Fai clic na imaxe para ver as fotos 

https://www.youtube.com/watch?v=K3Y2osQ05ec&feature=em-upload_owner

Contacontos con Iago López

O mércores visitounos Iago López, autor de " O cociñeiro Martiño", unha divertidísima historia coa que as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria desfrutaron moitísimo, xa que este simpático autor recreou o conto coa axuda dalgúns alumn@s e mesmo dun profe.Iso sí!!!Quedamos con fame, tanto biscoito e caldiño... Fai clic na imaxe para ver as fotos.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=VKkijyBvtjg&feature=em-upload_owner

Pinto e Chinto. " Nicomedes o Pelado".

Hoxe os alumn@s de Educación Infantil gozaron dunha sesión de animación á lectura e humor da man do ilustrador David Pintor, un dos integrantes de Pinto e Chinto. A partir do marabilloso libro de " Nicomedes o Pelado" da editorial Kalandraka.Os nen@s pasaron un rato moi agradable cos debuxos que este inxenioso ilustrador ía facendo sobre a cabeza do seu protagonista para disimular a súa repentina calvicie. Unha serpe, un edificio e mesmo unha almofada. Sesión de contacontos e risas. Fai clic na imaxe para ver as fotos.

https://www.youtube.com/watch?v=3qIEHK6NMnc

Guardar

Contacontos con Paco Nogueiras

O luns 20 de marzo, visitounos o actor, músico e narrador Paco Nogueiras. O alumnado de Educación Infantil,  gozou enormemente coas historias e música contadas e cantadas por este excelente narrador. Algúns dos contos escollidos para esta divertida sesión foron Piñeiro, Renato e Mr. Magnolia. Coma sempre, un éxitazo. Grazas Kalandraka. 
Fai clic na imaxe ou AQUÍ para ver as fotos

https://www.youtube.com/watch?v=fWcirbbp_ik

Guardar

Taller de entroido - infantil 2017

O alumnado de infantil realizou un taller de entroido e este foi o resultado. Para ver ou descargar todas as fotos fai clic AQUÍ.

 

Gran cumple infantil - marzo

Aquí tedes un resumo do cumple de infantil do mes de marzo. Se queredes ver ou descargar as fotos, facede clic AQUÍ.

 

Guardar

Gran cumple infantil - febreiro

Aquí tedes un resumo do cumple de infantil do mes de febreiro. Se queredes ver ou descargar as fotos, facede clic AQUÍ.

 

ENTROIDO 2017

Este ano celebramos o entroido baixo a temática do mar e aquí tedes un resumo das fotos e os videos deste entroido. Se queres ver todas as fotos fai clic AQUÍ.

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL - "BAJO EL MAR" B.S.O. DE "LA SIRENITA"

 

1º E 2º: "GLU GLU GLU" DO GRUPO GALEGO MAMACABRA.

 

3º E 4º: "NADANDO EN PARAR" DO GRUPO GALEGO MAMÁ CABRA.

 

5º E 6º: "HAWAII 5.0" B.S.O.

 

XOGO DE ENTROIDO.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

DIA DA PAZ 2017

Hoxe celebramos no noso centro o día da Paz, e este ano escollemos a canción "tu enemigo" de Pablo López e Juanes. Utilizamos a canción por un lado para realizar un mannequin challenge entre tod@s e por outro para facer unha coreografía conxunta de todos os alumnos e algúns pais e nais que tamén se animaron. Podedes ver o resultado a continuación. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.

BAILE

https://www.youtube.com/watch?v=y3Kl6PjGM_A&feature=youtu.be

 

BAILE CON DOBRE CÁMARA

https://www.youtube.com/watch?v=ck3BnR5ZZNE&feature=youtu.be

 

MANNEQUIN CHALLENGE

https://youtu.be/JQggeTvWF7c

 

NADARÍN: Conto realizado con luz negra por nenos de 2º.

https://youtu.be/ncoN_q-QPeQ

 

Este ano escolleuse como vos dixen antes, a canción "tu enemigo" de Pablo López e Juanes, e con esta canción fixemoss unha coreografía conxunta todo o cole, a cal vos deixo tamén a continuación para que a aprendades.

 

https://www.youtube.com/watch?v=cKjUALPwNBU

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=_ZI2tAdvlc4&feature=youtu.be

Guardar

Guardar

Guardar

Powered by Drupal - Design by artinet