ANIVERSARIOS AGO-SEPT. 2018

Por fin chegou o 1º aniversario deste curso. Para ver un resumo clica na imaxe e para ver todas as fotos clica AQUÍ.

 

 

 

 

CONCERTO UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

O pasado xoves tivemos a sorte de ter na nosa escola o grupo galego "Uxía lambona e a banda molona" que nos fixo vibrar coa súa música. Fixéronnos cantar e bailar coma tol@s cancións coma a sinfonía de Uxía, bailar coma tolos, tolo chimpín, o pirimpimpim ou unha canción que lle encantou aos profes que dicía lalala entre outras. Este é un resumo do que foi este concerto. Clica na imaxe para ver o resumo. Se queres ver todas as fotos clica AQUÍ.

https://www.youtube.com/watch?v=DumvM90NNXc

SAÍDA INFANTIL: APÍPOLIS

O alumando de Ed. Infantil realizou hai uns días unha saída a "Apípolis". Se queres ver un resumo, clica na imaxe. Para ver todas as fotos clica AQUÍ.

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2018

Clica na imaxe para ver un resumo do que foi o noso festival das letras galegas 2018. Se queres ver todas as fotos do festival fai clic AQUÍ.

 

VISITA DE MARÍA CANOSA

Hai uns días visitounos na biblioteca María Canosa.  Autora do libro escollido en 1º e 2º  : " O día que choveu do revés". Seguindo coa actividade "4 libros, 4 autores" , María fíxonos un divertido contacontos do libro, e despois asinounos todos os libros. Moitas grazas por vir, e ata a próxima.

 

 

 

ANIVERSARIO ABRIL 2018

Este foi un resumo dos aniversarios de infantil do mes de abril.

 

VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ

O luns 30 de abril recibimos a visita do autor Xavier Estévez,autor do libro "Avións de papel" que foi o escollido este ano polas nenas e nenos de 5º e 6º para a actividade "4 libros,4 autores". Durante algo máis dunha hora as nenas e nenos puideron falar co autor sobre o que lles pareceu o libro e mesmo preguntarlle directamente aspectos e dúbidas relacionados co libro e co autor en si.Respondeu a todo moi amablemente. Ao final do acto se lle entregou un marcapáxinas co seu nome gravado,como recordo do seu paso polo cole e ,tras asinar no libro de visitas,  procedeuse á sinatura dos libros .

 

Powered by Drupal - Design by artinet