Skip to Content

BENVIDOS AO CURSO 17-18

 

Un saúdo a toda a comunidade educativa.

O día 11 empeza oficialmente o curso para todo o alumnado,mais, os pais do alumnado de  E. Infantil xa teñen unha reunión  coas titoras dos seus fillos  o  Xoves día 7 e o Luns 11 co seguinte horario e lugares:

  • 3 ANOS: Xoves 7 ás 12:00  no ximnasio de madeira.
  • 4 ANOS: Luns 11 ás 17:00 nas súas aulas (aulario novo).
  • 5 ANOS :Xoves 7 ás 12:00 nas súas aulas (aulario novo).

PERIODO DE ADAPTACION PARA ALUMNADO DE 3 ANOS: do 11 ao 22 de Setembro, ambos inclusive

O día 11 empeza o curso. Para o alumnado de primaria lembrar dúas cousiñas para axilizar o proceso.

Os alumnos que vaian para 1º - 2º - 3º farán as filas no pavillón, nos lugares sinalados con carteis para cada curso. Alí serán recibidos polos seus titores e titoras para subir ás aulas.

Os alumnos que vaian para 4º - 5º - 6º farán as filas nas portas traseiras de entrada ao edificio de primaria. Alí serán recibidos polos seus titores e titoras para subir ás aulas.

Lembrarlle aos pais ou acompañantes do alumnado que haberá unha zona marcada a que non deben pasar os pais, só os alumnos que van ás filas.

Unha vez que entren todos os nenos, chamaranse aos pais , que acompañados dun mestre, poderán levar os libros ou material ás aulas que lle correspondan aos alumnos

Lembrade que a través desta páxina poderedes mantervos informados, imprimir solicitudes (transporte, comedor, entradas, saídas...)

Un saúdo

 



page | by Dr. Radut