Último número

Nunca sen almorzo

Hoxe tivemos unha charla sobre o importante que é unha boa alimentación e hixiene, e tivemos un almorzo saudable no comedor do cole. A parte tivemos a visita de moitas nais e pais que tamén se uniron á charla e ao almorzo.

Preme na imaxe se desexas ver as fotos

 


Postais de nadal

Presentámosvos as postais de nadal que elaboraron todas as nenas e nenos do CEIP Otero Novas. Esperamos que vos gusten

Premede aquí para ver todas as postais


A nena e o grilo

Hoxe 10 de decembro desprazámonos ata o Auditorio

de Ourense para ver a obra de A nena e o grilo.

Pasámolo moi ben. Preme aquí se queres ver as fotos do día


Contacontos

Hoxe, martes 19 de novembro recibimos a visita do contacontos. Contounos unha historia moi divertida e fixemos algún que outro xogo. Se queres ver todas as fotos que sacamos preme aquí.

 


 


 

Magosto

O venres 8 de novembro celebramos o magosto no cole, tivemos castañas e chocolate e viñeron todos os pais e nais, preme aquí para ver todas as fotos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet