Animación á lectura

Día de Rosalía

Esta semana celebramos o Día de Rosalía. Fixemos un mural ben grande e lemos os poemas máis coñecidos de Rosalía!

Día do LIBRO

Esta pasada semana celebramos o día do libro con este precioso mural. Esperamos que vos guste!

 

Día de Rosalia de Castro

Hoxe 24 de febreiro de 2016, realizamos varias actividades para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. Fixemos lecturas dos seus poemas, escoitamos unha canción e fixemos uns debuxos sobre Rosalia. E tamén cada un levou para a casa un poema!

Preme na imaxe de Rosalía para ver as fotos

 

Visita do contacontos ao Centro

O pasado mércores 17 de abril, tivemos a sorte no CEIP Otero Novas de recibir unha visita moi especial. Tivemos un contacontos no ximnasio, pasamos unha hora moi divertida que se fixo moi curta, e o tempo pasousenos voando.

Estivemos todos e todas no ximnasio e participamos nos contos dunha ou doutra maneira

 

 

Se queres acceder a todas as fotos preme no seguinte enlace  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoteronovas/galeria/thumbnails.php?album=24

Powered by Drupal - Design by artinet