Skip to Content

FOLGA NO ENSINO 24 DE OUTUBRO 2013.

Estimados pais:

O vindeiro 24 de outubro, xoves, hai convocada unha xornada de folga no ensino galego dirixida a todos o sectores: alumnado, profesorado e responsables do alumnado.

A maioría do Claustro secunda esta folga coma protesta contra a implantación da LOMCE.

Haberá servizos mínimos consistentes nun mestres do Claustro, cociñeira e transporte

Sentimos as molestias que poidamos causar, e esperamos, coma sempre, o voso apoio e comprensión.

Se queredes saber máis acerca da LOMCE podedes facelo aquí: LOMCE

SAÚDOS: O CLAUSTRO DO CEIP OTERO NOVAS.



blog | by Dr. Radut