A Consellería ven de publicar a Orde 16 de maio de 2017 (DOG 22 de maio de 2017) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Alumnado matriculado (no curso 2017/2018) en 3º,4º,5º,6º de educación primaria
Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5400 € |
6 libros |
Alumnado con renda per cápita entre 5400 € e 9000 € |
4 libros |
Alumnado tutelado pola Xunta ou discapacidade superior ao 65% |
6 libros |
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO
Alumnado matriculado (no curso 2017/2018) en 1º, 2º de educación primaria.
Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5400 € |
170 € |
Alumnado con renda per cápita entre 5400 € e 9000 € |
90 € |
Alumnado matriculado en educación especial ou cunhadiscapacidade igual ou superior ao 65% |
250 € con independencia da renda |
Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta |
Contía máxima con independencia da renda |
AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Alumnado matriculado en educación primaria con renda per cápita igual ou inferior a 5400 €. A contía da axuda será de 50 €.
A solicitude será ÚNICA para todos/as os/as fillos/as matriculados no mesmo centro (se están matriculados en diferentes centros terase que presentar solicitude en cada un dos centros) e especificarase o nivel de estudos que se espera realizar no curso 2017/2018.
PRAZOS
Entrega de solicitudes....................................... .ata o 23 de xuño
Entrega de libros curso 2016/2017....................... ata o 21 de xuño
Listaxe provisional Fondo solidario................................27 de xuño
Prazo de reclamacións........................................ 28 e 29 de xuño
Listaxe definitiva Fondo solidario.................................... 4 de xullo
DOCUMENTACIÓN A APORTAR
- Copia do libro de familia. (Separación, divorcio, convivencia se é o caso)
- Certificado grao discapacidade do alumno ou do familiar se é o caso.
COMPROBACIÓN AUTOMÁTICA DE DATOS (SALVO OPOSICIÓN)
- DNI
- RENDA 2015
- RENDA POR DISCAPACIDADE 33%, XUBILACIÓN, INCAPACIDADE PERMANENTE.