PDI: "Tilandra de camiño a Santiago"

Exposición: "Tilandra de Camiño a Santiago"

Ao longo de todo o curso estivemos traballando no Proxecto Documental Integrado: "Tilandra de Camiño a Santiago".

Como actividade final o martes día 6 de xuño celebraremos unha xornada de portas abertas para compartir con toda a Comunidade Educativa os traballos realizados polo alumnado relacionados con este tema.

cartel

Aquí vos deixamos un tríptico da exposición:

 

Visita á Catedral de Santiago

O alumnado de 5 anos visitou a Catedral de Santiago, actividade relacionada co que estiveron traballado ao longo deste curso sobre o PDI: "Tilandra de Camiño a Santiago"

Concurso de portadas para a revista escolar

Un curso máis o EDLG convocou o concurso para a elección da portada da revista escolar "Follas Novas". Este crso a portada e contraportada gañadoras facían alusión ao PDI: "Tilandra de Camiño a Santiago".

Visita de Xosé Antonio Perozo

O día 18 de maio o autor Xosé Antonio Perozo visitou ao alumnado de cinco anos para contarlles e falarlles do seu libro:"Unha mensaxe para Sara" que narra a primeira aventura entre o cabalo Branco de cores e a súa amiga Sara. Xuntos percorren a cidade de Santiago na procura dunha mensaxe que deixou a avoa de Sara.

Tamén nos agasallou con dous libros sobre Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Contacontos:" Historia de una peregrinación"

O día 16 de maio o alumnado de cinco anos participou nunha sesión de contacontos: "Historia de una peregrinación" a cargo de Eva De la Peña.

Charla: A arte no Camiño de Santiago

O 10 de maio contamos coa colaboración de Eva, nai de Samuel (6º Primaria) e Dario (3º Primaria), que lles falou ao alumnado de 6º de Primaria sobre a arte no Camiño de Santiago.

 

 

Facendo camiño: Do Milladoiro a Santiago

O luns 15 de maio a Comunidade Educativa do CEIP Os Tilos fixo o tramo do Camiño de Santiago que vai dende o Milladoiro a Santiago. O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria iniciou o percorrido no Milladoiro, o de 3º e 2º incorporouse á altura de Vidán, 1º, 5 e 4 anos uneuse á altura da carballeira de San Lourenzo e o alumnado de 3 anos fixo dende a rúa Xoán XXIII.

Esta actividade, na que contamos coa colaboración da ANPA Cobas, forma parte das actividades que se están a desenvolver dentro do PDI: "Tilandra de Camiño a Santiago".

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Aquí vos deixamos un breve resumo desta actividade:

A TVG tamén se fixo eco da noticia. Preme na imaxe para acceder á nova (minuto 41:34):

tvg

 

 

"Apóstolo Tilandra"

A familia Outeiriño Rodríguez fíxolle entrega á biblioteca do CEIP Os Tilos, con motivo do PDI que se está a desenvolver "Tilandra de Camiño a Santiago", dunha nova Tilandra: "O apóstolo Tilandra".

 entregatilandra  agradecemento

23 de Abril: Día Internacional do Libro e Dereitos de Autor

" A lectura é como unha luz no camiño, esperta os nosos sentidos e guía os nosos pasos". 

Este foi o lema elixido para conmemorar o Día do Libro, é unha adaptación ao galego dunha frase de Ángeles Medina, poeta e autora de "De mis susurros y otras lunas", xa que fai alusión ao PDI que estamos desenvolvendo ao longo deste curso.

Para ese día confeccionamos un gran cartaz no que aparecía un camiño no que alumnado foi pegando debuxos de portadas dos seus libros favoritos.

 

23 de abril Día do Libro by Slidely Photo Gallery

Mulleres no Camiño

O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión para conmemorar este día elaboráronse varios cartaces:

  • Pegadas da muller
  • Elas fan o Camiño
  • Mulleres que fan Camiño

Para a confección deste último cartaz o alumnado tivo que realizar unha pequena investigación sobre mulleres famosas, da súa propia familia, amigas,... que fixeran o Camiño de Santiago.

 

Powered by Drupal - Design by artinet