ciencia

EXPERIMENTOS

Ao alumnado de 4º quedoulle bo "sabor de boca" da semana dos experimentos que tivemos no mes de novembro polo que decidiron afondar no tema dos experimentos con fluídos

(aire e auga).

Concretamente, o alumnado de 4ºB estivo realizando unhas sesións de experimentos científicos, onde tiñan que realizar e explicar en que consistía cada un. Foi un traballo realizado en grupos de 4 ou 5 alumnos e que resultou moi enriquecedor.

Deixo aquí o enlace ás presentacións dos traballos dos alumnos, espero que resulten interesantes...

 

https://edu.glogster.com/glog/experimento-con-maicena-e-auga/38twc3db9ao

https://edu.glogster.com/glog/como-inchar-un-globo-sen-soplar/35jwurspti4

https://edu.glogster.com/glog/experimentos-con-aire-e-con-auga/30leal2mirg

https://edu.glogster.com/glog/experimento-coa-auga/38xu6q28o2c

EXPERIMENTOS COS ALIMENTOS!

O mes de novembro é o mes da Ciencia en Galego. Este ano  partindo do proxecto de centro : "Hábitos de vida saudable" experimentamos cos alimentos. Aquí tedes unha pequena mostra desas demostracións.

 

 

<

Experimentos from CEIP OS TILOS on Vimeo.

Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas

   Ao longo deste mes de novembro celebramos o "Mes da Ciencia en Galego" en apoio da presenza da divulgación científica e galego en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega.

   Con esta celebración preténdese reivindicar a oportunidade do uso da Lingua Galega para a investigación, a divulgación e a docencia. Este ano a efeméride do 4 de novembro "Día da Ciencia en Galego" está adicada aos científicos galegos: Carlos Gómez-Reino Carnota e Isidro Parga Pondal.

   Para ver algúns dos libros relacionados co tema preme na imaxe:

logoAlgunhas actividades levadas a cabo foron:

  • Visita ao castro San Cibrao de Las: Alumnado 5º de Primaria.
  • Proxecto documental: Os ecosistemas: Alumnado de 6º de Primaria.

Para coñecer máis sobre estas actividades preme nas imaxes:

castrolas ecosistemas

 

Powered by Drupal - Design by artinet