día da muller

8 de marzo. Día Internacional da Muller

O día 8 de marzo do 2021 celebramos o Día Internacional da  Muller co lema "Mulleres Líderes  nas  Artes" en consonancia co PDI  "Emocionarte con Tilandra".

 Coas actividades desenvolvidas  poñemos en valor os grandes esforzos que realizan as mulleres e nenas de todo o mundo para forxar un mundo mellor e máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid 19.

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. "A TERRA EN FEMININO"

 

 O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras do téxtil saíron as rúas de Nova York co lema "Pan e rosas". Unha protesta polas míseras condicións laborais, a reivindicación de xornadas de traballo xustas e o fin da explotación infantil.

Dende o centro quixemos sumarnos á conmemoración do Día Internacional da Muller e por iso elaboramos un cartel e un libro:" Mulleres polo medio ambiente". Este curso realzamos ás mulleres que loitan por preservar a terra, mulleres que son valentes, sabias, tolerantes  emotivas...

Para o libro "Mulleres polo medio ambiente", contamos coa colaboración das familias.

MOITAS GRAZAS!

 

"Mulleres de Teo": 8 de marzo Día Internacional da Muller

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Este ano dado que estamos a desenvolver o PDI sobre o noso Concello, este día adicámollo a todas as mulleres deste concello.

Baixo o título: "Mulleres de Teo" o Equipo de Biblioteca confeccionou un gran cartaz con algunhas imaxes de mulleres destacadas deste Concello. Ao longo da semana este cartaz irase completando con fotos de todas aquelas mulleres que son importantes para o noso alumnado e que residen no noso Concello.

cartaz_muller

Mulleres no Camiño

O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión para conmemorar este día elaboráronse varios cartaces:

  • Pegadas da muller
  • Elas fan o Camiño
  • Mulleres que fan Camiño

Para a confección deste último cartaz o alumnado tivo que realizar unha pequena investigación sobre mulleres famosas, da súa propia familia, amigas,... que fixeran o Camiño de Santiago.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Cada aula fixo unha pequena investigación sobre algunha muller importante o que destacase no país que estaban a estudar.

Aquí tedes unha pequena presentación de mulleres que fixeron historia.


 

 

Powered by Drupal - Design by artinet