Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

6º Curso

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º E.P.

Posted in

Letras Galegas

O alumnado  de sexto homenaxeou ao autor das Letras Galegas 2020 compoñendo contos e poemas.

Aquí atoparedes algúns dos arquivos enviados,

 

TRABALLOS EN CORENTENA

Continuamos compartindo convosco os traballos realizados polo alumnado de sexto no periodo da corentena.

OS COMPOSTEIROS

O alumnado de 6ºA non se olvida do Proxecto do ano de TILANDRA PENSA EN VERDE e está aproveitando o seu confinamento para facer os seus composteiros na casa e outros traballos relacionados coa natureza.

Podes velos facendo click no ficheiro adxunto.

 

LE UN CÓMIC PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO

Posted in

Unha alumna de sexto de primaria, celebrou o Día do Libro escribindo un cómic. Moi boa idea. 

 

LE BRIO CINE VOS

LE BRIO CINE VOS

A TECNOLOXÍA E A NOSA RELACIÓN COS ALIMENTOS...FIXERON PROGRESAR Á HUMANIDADE

A TECNOLOXÍA E A NOSA RELACIÓN COS ALIMENTOS...FIXERON PROGRESAR A HUMANIDADE

PRIMEIROS ACHADOS, NOVOS ACHADOS, NOVOS TEMPOS, MÉTODOS MODERNOS

Con respecto ao Proxecto da Biblioteca, realizamos as seguintes actividades:

- Elaboración da pirámide dos alimentos.

 - Mural: Tilandra merenda sa.

 - Traballo con textos:

  • Eres o que comes”.

  • “E, ti comes ben?”.

  • Aditivos alimentarios: Sabes o que comes?”.

- O significado do código de barras.

 - Traballo coa prensa. Búsqueda de novas relacionadas coa alimentación e a saúde.

 - Traballo de investigación. A tecnoloxía na alimentación fai progresar á humanidade (dende 30.000 a.C. ata os nosos días).

                                                                                                                                                 

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras:

Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños.

Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego.

Grazas polo voso traballo !

 

 

 

CONVIVENCIAS 6º ED. PRIMARIA

O martes 26 de marzo o alumnado de 6º de Primaria participou na segunda xornada de convivencias escolares no centro CEIP Igrexa de Calo cos compañeiros dos colexios de Calo e a Ramallosa. Realizamos as seguintes actividades lúdicos deportivas: baloncesto, fútbol, floorball, ultimate e badminto e ao remate xantamos no comedor do colexio. Foi unha xornada agradable e divertida.