Promoción da lectura

LECTURA NA CARBALLEIRA

 

Aproveitando o bo tempo da semana das Letras Galegas, fixemos a xa tradicional Lectura na Carballeira. O alumnado dos cursos superiores elixen libros para ler aos máis cativos do colexio. É unha actividade onde disfrutan da natureza e ao mesmo tempo comparten o seu libro favorito.

                                          

                              

                                                          

 

                                         

 

 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA NA HORA DO RECREO

Hoxe na hora do recreo o alumnado de 5° improvisou un contacontos para o alumnado de 1°. Esta actividade xurdiu de forma espontánea e demostra as boas relacións e o bo clima que se respira na hora do recreo na nosa biblioteca. Deste xeito non só traballaron a expresión oral e a lectura senon que ademáis fomentan o uso da lingua galega. E como non hai maior exemplo que unha boa imaxe,....

 

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ

Hoxe visitounos o autor Iago López que nos contou o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Disfrutamos moitísimo desta actividade, e a Iago gustoulle o noso cartel do Día do Libro, será polo guapo que sae o cociñeiro Martiño.

Se seleccionas a imaxe para ver todas as fotos da xornada.

 

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras:

Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños.

Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego.

Grazas polo voso traballo !

 

 

 

OBRADOIRO LITERARIO

O 22 de marzo visitounos o escritor Paco Martín e, despois de que el nos contase o seu conto "Un robot pequeno", nós fixemos de escritores e ilustradores e inventamos as nosas historias como poderedes ver se ides á galería de fotos.

Velaquí tedes unha mostra.