Este curso os colaboradores da biblio estrenan novos petos!!!. Mirade que ben quedaron!!!
Formación usuarios
Formación de usuarios: visitas á biblioteca
Ao longo de todo o mes de outubro, co gallo da celebración do mes da biblioteca e dentro das actividades de formación de usuarios, todo o alumnado do centro acudiu á biblioteca onde recordaron as normas de funcionamento, servizos que ofrece, funcionamento do empréstito,...
Asemade repartíronse as guías de usuarios e carnés e asistiron á proxección do video: "Tilandra davos a benvida".
Sesións de formación dos novos colaboradores
Na primeira semana do mes de outubro tivo lugar sesións de formación dos novos colaboradores da biblioteca.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
"Tilandra" danos a benvida
A mascota da nosa biblioteca, Tilandra, dalle a benvida ao alumnado. Mirade de que forma o fixo.
Visita á librería Couceiro
O alumnado de 5º de Educación Primaria visitou no mes de outubro a librería Couceiro de Santiago. Alí explicáronlle o proceso de creación dun libro e poideron disfrutar da lectura e dos libros.
Iniciamos a formación de usuarios
Ao longo de todo o mes de outubro tiveron lugar sesións de formación de usuarios destinadas aos novo colaboradores da biblioteca e tamén para o resto do alumnado. Nesta sesións tamén se fixo a entrega dos carnés e guías coas normas e servizos que ofrece a nosa biblioteca.
Organización da nosa biblioteca
Tilandra explícanos que é a CDU.