2º A

FESTA FIN DE CURSO

Rematou o curso e celebrámolo así. Podes ver máis na galería.

Letras Galegas 2015 - 2ºA de Primaria

Canción "Meu o mundo é" de Paco Nogueiras, presentada polas nenas e nenos de 2º A de Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

Así celebramos o Día do Libro

Primeiro fixemos un traballo de plástica, cada un co seu libro favorito, que expuxemos no corredor. Chamámoslle a "Árbore das Letras".

O día 23 de abril visitamos, por parellas, as outras aulas do colexio para recomendarlle ás compañeiras e compañeiros o noso libro e ademáis lémoslles un fragmento. A nós gustounos moito esta actividade e todas e todos nos escoitaron con moita atención.

As profesoras tamén nos quitaron fotos que podes ver na galería.

Semana da árbore

            

ENTROIDO 2015

Máis fotos na galería

Unha visitante inesperada

Hoxe, no patio do 1º ciclo do colexio, tivemos unha invitada especial: unha toupa!!!!

Era moi pequena e negra. Buscaba o seu fogar para estar tranquila. Corría dun lado para outro asustada polo barullo dos nenos e nenas. Todos e todas estabamos moi contentas e ilusionadas ao vela.

O Sistema Solar

As nenas e nenos de 2º A fixemos o Sistema Solar.

Levounos tempo, pero pasámolo ben facéndoo e ao final quedou moi ben.

Podedes velo todo na galería de fotos.

2º A. Recomendación de lectura

Recomendación de lectura para as alumnas e alumnos de 2º A:

Título: "A pedra e as formigas"

Autor: Jacobo Fernández Serrano

Editorial: Xerais

Unha suxerencia: Pedídello a Papá Noel ou aos Reis Magos.

Despois das vacacións poderedes coñecer e falar co autor que ten prevista unha visita ao Colexio.

Felices vacacións a todas e todos!

A titora de 2º A

Mercedes M.

 

 

 

NADAL

Hoxe fixemos crackers e viñeron os paxes dos Reis Magos!

Celebramos o Samaín

Que medooo!!!!

Traballamos moito para o Samaín, pero pasámolo moi ben.

Cabazas, pantasmas, morcegos, esqueletos... para decorar a nosa aula e o corredor.

Houbo cancións, bailes, contos de medo e, como non, tamén nos disfrazamos!

Distribuir contido