O día 24 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha interesante charla, "Navega con Rumbo", sobre a prevención dos riscos que podemos correr cando navegamos pola Rede.
Preme na imaxe para acceder á páxina "Navega con Rumbo" para saber máis sobre este tema.
O día 18 estiveron no noso centro os Paxes Reais. Visitaron ao alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria, recolleron as súas cartas e entregáronlles un pequeno agasallo.