Ed. Infantil

Ed. Infantil

PROXECTO "A VACA" - GRUPO 3 ANOS

Este proxecto está enmarcado dentro do P.D.I. “Tilandra medra sa”.

Aínda que se  levou a cabo ao longo  do 3º Trimestre deste curso, o eixe motivador do mesmo desenvolveuse durante o segundo coas actividades levadas a cabo no Entroido, na que fomos disfrazados de vacas e leiteiros/as. A curiosidade polas vacas foi en aumento,  tras descubrir unha mañá que a nosas clases estaban cheas de pegadas deste animal  e nun recuncho da clase apareceu un cartón de leite. Todos estabamos moi emocionados…! tiñamos que  aprender moitas cousas sobre aquel animal que nos visitara e  que nos aportaba na nosa alimentación.

O obxectivo principal deste proxecto documental foi iniciar ao noso alumnado de 3 anos na investigación, a elaboración de  hipóteses, aprender a   reflexionar e sacar conclusións… ; en definitiva a pensar e ser críticos.

Durante este proxecto tiveron un papel moi importante as familias, sobre todo na aportación de información e materiais,  así como na realización dalgunhas actividades como  a “cow parade” cunha moi boa acollida polo que estamos inmensamente agradecidas.

 Entre as actividades desenvolvidas cabe sinalar a elaboración dun dossier con información, obradoiros de cociña, experimentos, un vídeo documental sobre a vaca  e moitas máis actividades … Toda esta información está recollida no noso blog http://tilinhos.blogspot.com/ no apartado: “PDI: A vaca”.  Alí poderedes observar todo o traballo desenvolvido polo alumnado de 3 anos.

Agardamos a vosa visita!!!

 

CORAZÓNS SAUDABLES DE 4 ANOS

 

Comezamos o curso 2018-2019 cun novo PDI “Tilandra medra sa”. Os alumnado de catro anos adentrámonos no mundo da alimentación e hábitos saudables.

Para abrir boca fixemos unha saída a Casa do Patrón, onde experimentamos o proceso de elaboración do pan de millo.

Grazas as charlas da AECC e o obradoiro”Comer san é divertido”, aprendemos a comer de maneira saudable.

No Entroido disfrazámonos de “Corazóns saudables”.

Xa na primavera visitamos un supermercado para aprender as distintas seccións do mesmo.

Co gallo do Día do Libro o contacontos Iago López presentounos a súa obra "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas".

Realizamos un semáforo dos alimentos e aprendemos a distinguilos segundo a súa orixe.

E por último non nos podíamos esquecer da reciclaxe. Todas estas actividades plasmámolas nunha pequena exposición que os papás e as mamás terán ocasión de visitar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS AMORODOS DE 5 ANOS

 

O alumnado de 5 anos durante o curso 2018/19 estivo a investigar sobre os ALIMENTOS (pirámide alimenticia, grupos de alimentos, propiedades nutricionais de cada un deles, a importancia de levar a cabo unha alimentación equilibrada, etc).

En relación con este proxecto de traballo tivemos a oportunidade de realizar una saída moi interesante ao Supermercado Gadis. Alí se lles volveu a recordar aos nenos/as a importancia de seguir as orientacións da pirámide nutricional, tendo en conta as características dos diferentes grupos de alimentos e así mesmo os puideron observar nas distintas seccións. Tamén recibimos unas charlas no colexio sobre este tema e asistimos a unha actividade de contacontos do autor Iago López, O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS.

Por outra banda,  profundizamos no grupo das froitas, e sobre todo no AMORODO. Temática que aproveitamos para disfrazarnos no Entroido.

Como actividade final deste proxecto,aproveitamos para expoñer no corredor do centro escolar, material elaborado polos menos/as, murais informativos, receitas,  carteis, etc..

 

VISITA DO APALPADOR

O Apalpador visitou o colexio dos Tilos e parolou cos nenos e nenas de Educación Infantil. Achegouse aos cativos e convidounos a unhas castañas quentiñas. Os meniños e meniñas estiveron engaiolados coa marabillosa visita.  

MOITAS GRAZAS FAMILIA !

 

Pincha na imaxe e verás o ben que o pasaron os pequerech@s do cole.

 

OS PAXES DOS REIS MAGOS VISITARON O CEIP OS TILOS

Os paxes de súas maxestades Os Magos de Oriente visitaron o CEIP Plurilingüe Os Tilos, o xoves día 20, para recoller as cartas que as alumnas e alumnos escribiron aos Reis. Os Paxes repartiron doces e escoitaron as panxoliñas que lles cantaron as nenas e nenos.

Este día para as máis pequenas e pequenos é especial, porque están cheos de inquedanza pola chegada dos Paxes e coa emoción de entregar as súas cartas, que escribiron con moita ilusión nos días previos, para que cheguen a tempo aos Reis Magos. 

SAÍDA AO AUDITORIO CONSTANTE LISTE

  O  6 de novembro o alumnado de Educación Infantil asistiu á representación por parte de Mircromina Títeres da obra "A familia unida". Dentro da programación Titiriberia. Olladas sobre os Cristovos que ofrece O Concello de Teo. 

 

 

IAGO LÓPEZ PRESENTA "EU CONTO, TI CANTAS"

                                                                                                   »

Saída dos alumnos/as de 3 e 4 anos aos Títeres

Nestas datas próximas ao Nadal, os nenos/as de tres e catro anos asistiron á representación " O Apalpador contra o ladrón de xoguetes" realizada por Títeres Cachirulo". Na galería de imaxes tedes máis fotografías desta representación.

Distribuir contido