Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Secretaría

LISTAS DEFINITIVAS FONDOLIBROS - INFORMACIÓN CHEQUES 2022-2023

Posted in

QUEDAN PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAS DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS 

RECORDAMOS QUE OS CHEQUES DE  LIBROS DE TEXTO PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E OS DE MATERIAL ESCOLAR PARA TODA PRIMARIA DEBEN VIR A RECOLLELOS OS SOLICITANTES DA AXUDA, EN CASO DE NON PODER VIR DEBERÁ AUTORIZAR POR ESCRITO A OUTRA PERSOA. 

INFORMACIÓN VALES E FONDOLIBROS 2022-2023

Posted in

QUEDAN PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAS PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS NO FONDO LIBROS 2022-2023

O ALUMNADO DE 1º E 2º RECOLLERÁ NO CENTRO OS VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DENDE HOXE 4 DE XULLO ATA O 8 XULLO EN HORARIO DE 10:00 A 13:00.

MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022-23

Posted in

MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO CURSO 2022-2023

Posted in

PLAZO DE PRESENTACIÓN DO 20 AO 30 DE XUÑO.

 

Para a matrícula hai que presentar a seguinte documentación:

 

  1. Impreso de formalización de matrícula. No caso de pais separados, deberá vir asinado por ambos proxenitores. (descargar)

  2. Fotopia da sentenza ou convenio regulador,no caso de pais separados.

  3. Impreso de datos persoais.(descargar)

  4. Dúas fotos do neno/nena que se matricula.

  5. Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.

  6. Fotocopia do libro de familia (follas onde aparecen os pais e folla onde aparece o alumno/a).

  7. Certificado/volante de empadroamento.

  8. Solicitude de transporte escolar, en caso de ser usuario.(descargar)

  9. para alumnos que se matriculan no curso de E.Infantil (3 anos):

    Cuestionario no que se fai constar a lingua materna do alumno/a e recollida de datos iniciais. (descargar)

  10. O alumnado que se matricula en primaria, certificado académico.

    No caso de alumnos con NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO deben aportar a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición.

 GUÍA ABALAR PARA AS FAMILIAS (DESCARGAR)

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022/2023

Posted in

 O prazo para presentar as solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto, e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, remata o 22 de xuño.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

Posted in

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

CALENDARIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

Desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

VACACIÓNS ESCOLARES

Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.
Entroido: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.
Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

DÍAS NON LECTIVOS

Festas de ámbito estatal.

Festivos así declarados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

 

Ademais dos anteriores establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo e que no curso 2022/23 se celebrará o 31 de outubro de 2022

 

CALENDARIO

RECOLLIDA DE HISTORIAIS ACADÉMICOS

Posted in

PODERASE RETIRAR EN SECRETARÍA O HISTORIAL ACADÉMICO DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DENDE O DÍA 12 AO 15 DE  XULLO EN HORARIO DE ATENCIÓN DE 10:00 A 13:00 HORAS.

A DOCUMENTACIÓN SERÁ RETIRADA POLA NAI, PAI OU TITOR LEGAL DO MENOR.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022/2023

Posted in

ORDE DA CONVOCATORIA

 PRAZO:

 19/05/2022 - 22/06/2022

 

DESTINATARIOS:

- Alumnado de 1º e 2º Primaria: Axudas para adquisición de libros.

-Alumnado de 3º e 4º Primaria: Beneficiario do Fondo Solidario.

REQUISITOS:

       Renda per cápita familiar inferior ou igual a 10.000 €.

 

- Alumnado de Primaria: Axudas para adquirir material escolar.

REQUISITOS:

      Renda per cápita familiar inferior ou igual a 6000€.

      Ou discapacidade igual ou superior ao 65%. 

      Ou garda/tutela pola Xunta de Galicia. 

 

O alumnado que vaia cursar  5º e 6º de educación primaria no 2022-2023, está incluído no programa E-Dixgal, polo que non pode solicitar a axuda  para libros de texto, pero sí pode solicitar a axuda para material escolar.

 

FORMULARIO SOLICITUDE: AQUÍ

IMPORTANTE:

O anexo II da solicitude debe ser asinado por TODOS os membros da unidade familiar, agás o solicitante.No caso de menores de idade, este documento deberá ser asinado por un dos proxenitores, titor/a ou representante legal.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica:

A través da aplicación FONDOLIBROS

En SEDE ELECTRÓNICA


Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

Horario de presentación no centro: de 9:30 a 11:30 e de 12:30 a 13:30 horas.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Solicitude (anexo I e anexo II debidamente asinados)

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais, poderase aceptar:

- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
 
Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2020, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

NO CENTRO NON SE FAN FOTOCOPIAS.

TODA A INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA AQUÍ

 

 

 

Visita Virtual CEIP Plurilingüe Os Tilos

VISITA VIRTUAL CEIP PLURILINGÜE OS TILOS

ADMISIÓN CURSO 2022-2023

Posted in

INICIO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

01 ao 21 de marzo

NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

1º. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 4º. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, a solicitude de admisión deberá ser asinada por ámbolos dous.

 5º. A solicitude de admisión pode tramitarse en liña no seguinte enderezo electrónico:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE DE ADMISIÓN

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

 d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Máis información AQUÍ

Para a presentación na sede electrónica AQUÍ

Solicitude para descargar AQUÍ

 

Distribuir contido