Un ano máis recibimos a visita do apalpador da man do avó dunha alumna do centro.
Moitísimas grazas pola túa colaboración.
Un ano máis recibimos a visita do apalpador da man do avó dunha alumna do centro.
Moitísimas grazas pola túa colaboración.
Para rematar o ano adicado a Antonio Fraguas, ao longo do primeiro trimestre, o alumnado de educación primaria leron e traballaron "O fillo do rei e outros contos populares" da Editorial Galaxia. É un libro de contos populares recollidos e creados polo pobo que chegaron ata nós transmitidos de xeración en xeración. O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019 recopilou e coidou este patrimonio inmaterial galego. Como finalización do estudo asistiron ao Auditorio Constante Liste da Ramallosa onde Xoán Curiel e Charo Pita agasalláronnos cun teatro musical misturado coa narración oral.
Os nenos e nenas de educación infantil tiveron a visita do autor Iago López, que presentou o seu novo traballo:"Contos para levar no peto". Unha sesión de contacontos que os máis pequechos desfrutaron moito.
O alumnado de educación infantil e primeiro de educación primaria do colexio, asistíu a unha representación dentro do Festival de Títeres Tradicionais. Titiriberia
Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron das andanzas de dous irmáns limpabotas. Riron e divertíronse moito con eles. Moitas grazas por visitarmos!
O alumnado de quinto e sexto prepararon uns contos de medo para lerlles aos máis pequenos do cole. Disfrazáronse e representaron as súas historias preferidas. Algunhas creadas por eles, outras adaptadas dos contos clásicos. Unha actividade moi enriquecedora para todos e todas. O entusiamo trasladárono ao traballo realizado. Noraboa aos participantes!
O nome de Barriga Verde resoa na memoria de moitas persoas e para que non corra o risco do esquecemento apareceron distintas iniciativas procedentes dos eidos do audiovisual, do teatro e da investigación do patrimonio titiriteiro galego. Unha destas iniciativas é a Exposición itinerante -Onde foi Barriga Verde?, que visitou o noso colexio.
Visita de Xosé Antonio Perozo | hai 5 anos 44 semanas |
Obradoiro: Instrumentos musicais galegos | hai 4 anos 50 semanas |
21 de marzo: Día Internacional da Poesía | hai 4 anos 50 semanas |
Visita a Meteogalicia | hai 4 anos 50 semanas |
Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía | hai 4 anos 50 semanas |