PDI: Investiga Teo con Tilandra

Visita de Juan Becerra

O día 7 de febreiro os nenos e nenas de 2º de Primaria recibiron a visita de Juan Becerra, un veciño da parroquia de Rarís que lles amosou como se fai un atranque.

Mirade que atranque máis simpático lle quedou a profe e a Juan!!! Preme no recadro para velo.

Charla sobre o Entroido do Ulla

O día 18 de xaneiro estivo no noso centro José María Cebeiro, un gran coñecedor do Entroido da zona da Ulla e membro da Asociación Cultural A Regionalista, para falarnos dos aspectos máis significativos deste Entroido. A charla asistiu o alumnado de 2º, 5º e 6º de Primaria. Xunto con Xosé Francisco Noia fixo posible a recuperación dunha das danzas máis ancestrais deste Entroido.

Aquí vos deixamos a súa presentación e unhas fotos da súa charla.

Chega ao noso colexio a exposición itinerante: "Os Xenerais do Ulla"

Na semana do 15 ao 19 de xaneiro tivemos no noso centro a exposición itinerante "Os Xenerais do Ulla".

A mostra trataba de amosarnos a esencia deste Entroido. Nela recóllense 35 imaxes do Entroido das diferentes parroquias dos concellos que historicamente tiveron esta celebración como referencia como son os de Teo, a Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Visita de Marta González, periodista da TVG

O luns 15 de xaneiro o alumnado de 1º de Primaria recibiu a visita da periodísta da TVG, nai dunha alumna de 1ºB, que lles falou sobre os medios de comunicación.

Esta actividade está relacionada co PDI: "Investiga Teo con Tilandra", concretamente coa xente que vive no noso concello e que ten relación cos diferentes medios de comunicación e deportes, aspecto que está a traballar o alumnado de primeiro.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA 2018

O día 2 de febreiro celebramos no noso centro o Día Escolar da Paz e Non Violencia. O lema elixido para a celebración deste ano foi: "A Paz non é algo que desexas, é algo que constrúes" que fai alusión ao PDI que se estamos a desenvolver ao longo deste curso.

Para a ocasión, botamos man do patrimonio arquitectónico do Concello de Teo, concretamente, dunha das construcións tradicionais da zona: os pombais.

Unhas semanas antes construimos un pombal semellante aos que podemos atopar moi preto de nós e no que os nenos e nenas, ese día, foron colocando as súas pombas de Paz.

Asemade, cada aula escribiu un pareado sobre a Paz ao que se deu lectura o día 2 de febreiro nun acto conxunto de todo centro. O acto rematouse cunha montaxe, feita uns días antes, da canción: "Querote máis" en linguaxe de signos e a canción: "On ecrit sur les murs" en francés.

Preme nos recadros para ver un resumo de como transcurriu o acto:

                        

 

 

 

Presentación: "Teo anos atrás"

O 19 de decembro o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu a visita de Ainé Francos Golán, membro da Asociación cultural A Ponte Vella, que nos falou de como era a sociedade de antano en lugares como Teo. Amosounos como se divertían, das festas e xuntanzas, das feiras,... Aquí vos deixamos a súa presentación. Preme nos autofalantes para escoitar o testimonio da xente maior sobre esa época.

 

Nadal en Teo

É tempo de Nadal é un curso máis a decoración da nosa árbore estivo relacionada co tema central do PDI: "Investiga Teo con Tilandra". Para a elaboración dos adornos contamos coa colaboración das familias. Nesta ocasión a decoración da árbore consistiu en adornar un prato de papel cunha foto do alumnado no seu lugar preferido de Teo.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

Este foi o resultado:

 

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é a data escollida pola ONU para celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Para conmemorar ese día elaboramos un cartaz co lema "TENDENDO PONTES CARA A IGUALDADE" e que fai alusión ao proxecto documental integrado que estamos desenvolvendo ao longo destre curso. Preme na imaxe para acceder á nosa proposta didáctica.

CELEBRAMOS A FEIRA DO SAN MARTIÑO

O día 10 de novembro celebramos o Magosto no noso centro. Este curso, dado que o PDI leva como temática o concello de Teo, intentouse recrear á feira do San Martiño xa que esta feira goza dunha gran popularidade dentro e fora do noso Concello.

Aquí vos deixamos información sobre esta feira:

 

Preme nas imaxes para acceder aos xogos.

Brincaletras

 

       

 

VISITA DO ARQUIVEIRO DO CONCELLO DE TEO

O día 7 de novembro tivemos a primeira visita relacionada co PDI Investiga Teo con Tilandra.

O alumnado de 5º de Primaria recibiu a visita de Pablo, o arquiveiro do Concello, que nos falou de cousas tan curiosas como: a creación do concello, o escudo, a bandeira, os primeiros alcaldes, os cines, a estación de tren, as feiras, a construcción do noso colexio,...

Aquí tedes un pequeno resumo de todo o que nos ensinou.

Powered by Drupal - Design by artinet