Mochilas viaxeiras

Opinións sobre as mochilas viaxeiras

Aquí vos deixamos unha escolma de opinións sobre as mochilas viaxeiras.

 

As primeiras mochilas viaxeiras

Inician a súa andaina as mochilas viaxeiras de 6º de Primaria

mochilas

 

Mochilas viaxeiras: Ed. Primaria

Este curso comezamos a andaina das mochilas viaxeiras. Nesta ocasión puxemos en marcha 4 mochilas para o alumnado de 6º deEd. Primaria.

As mochilas viaxeiras están pensadas para reforzar o vínculo entre familia e escola no súa labor común para a creación e consolidación de hábitos de lectura.

Agardamos que vos gusten.

Grazas pola vosa colaboración familias!

  • Caderno informativo para as familias
  •  
  • Caderno viaxeiro que acompaña a cada mochila:
 

Mochilas viaxeiras: Ed. Infantil

Este curso fíxose o reparto das mochilas que nos enviaron dende a Asesoría de Bibliotecas, dentro do programa "Libros que van e veñen", a todo o alumnado de Ed. Infantil. Estas serven para levar á casa os libros da biblioteca e fomentar así a inquedanza pola lectura e o gusto por ler.

É unha actividade encadrada no programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura. Xunto coas mochilas fíxose entrega dun tríptico elaborado pola Asesoría de Bibliotecas con orientacións para as familias.

mochilasinfantil

Powered by Drupal - Design by artinet