O CEIP OS TILOS , 1º clasificado de centros de Teo na carreira pedestre "BATALLA DE CACHEIRAS"

O CEIP OS TILOS  resultou gañador pola categoría de centros educativos de Teo por segundo ano consecutivo na carreira pedestre "Batalla de Cacheiras" organizada polo Concello de Teo . O premio consiste nun vale por valor de 150 euros para compra de material deportivo. Noraboa aos participantes que representaron ao noso colexio.

Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía

Candela, Luna, Martina e Sofía, alumnas de 2º A, amósannos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" no Concello de Teo.

Parabéns polo voso traballo!!!

Visita de Ignacio Soto, arquitecto do Concello de Teo

O venres, 6 de abril, o alumnado de 4º de Primaria recibiu a visita de Ignacio Soto, arquitecto do Concello de Teo. Durante a súa visita o alumnado aprendeu a distinguir os  distintos tipos de construcións así como a diferenza que hai entre as construcións tradicionais e modernas.

Esta actividade está relacionada co PDI: "Investiga Teo con Tilandra" dado que o alumnado de 4º é o encargado de investigar os distintos tipos de construcións que podemos atopar no noso Concello.

arquitecto

21 de marzo: Día Internacional da Poesía

O día 21 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Poesía. Nesta ocasión, para lembrar este día, fixemos un gran cartaz cun anaco do poema: "Os ollos dos Poetas" de Rosalía Morlán, no que mediante un caligrama, tentamos recrear unha das formas máis comúns que teñen os petróglifos do noso Concello.

cartaz poesiaAo longo dos días 21, 22 e 23 leváronse a cabo as seguintes actividades:

  • Na área de plástica, o alumnado de 4º de Primaria ilustrou un poema do libro "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017).
  • Lecturas compartidas de poesía: durante a "Hora de ler" o alumnado compartiu as súas poesías favoritas cos seus compañeiros.
  • Creación dun "Recuncho poético": no que o alumnado foi poñendo as súas propias creacións,os seus poemas favoritos e ilustracións dos mesmos.

VISITA DO ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA A METEOGALICIA

O pasado mércores , 4 de abril, os alumnos/as de 5º de primaria realizaron unha saída didáctica ao centro de Meteogalicia en Santiago de Compostela. Nesta  visita realizaron nunha sesión sobre Metereoloxía e aparellos metereolóxicos, e no lanzamento dun globo sonda. A actividades, segundo opinións dos alumnos/as, resultou moi interesante e amena. 

 

SEGUNDA XORNADA DE CONVIVENCIAS DOS ALUMNOS DE 6 º DE PRIMARIA

Os alumnos/as de sexto de primaria acudiron ao CEIP Igrexa de Calo, o pasado martes día 13 de marzo, para participar na segunda xornada do ano das convivencias escolares cos compañeiros dos colexios de Calo e a Ramallosa. Pincha na fotos e verás as imaxes destas convivencias.

 

O alumnado de 5º de primaria visita SOGAMA

 O venres 9 de marzo, os alumn@s de quinto de primaria do CEIP Os Tilos visitaron o complexo medioambiental de SOGAMA, que se encarga de xestionar os residuos urbanos producidos na nosa comunidade autónoma de forma correcta. Os nosos alumn@s aprenderon, entre outras cousas, que o lixo chega en camións ou trens, alí faise unha separación previa con imáns da parte metálica e por cintas transportadoras e tambores xiratorios.

"Mulleres de Teo": 8 de marzo Día Internacional da Muller

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Este ano dado que estamos a desenvolver o PDI sobre o noso Concello, este día adicámollo a todas as mulleres deste concello.

Baixo o título: "Mulleres de Teo" o Equipo de Biblioteca confeccionou un gran cartaz con algunhas imaxes de mulleres destacadas deste Concello. Ao longo da semana este cartaz irase completando con fotos de todas aquelas mulleres que son importantes para o noso alumnado e que residen no noso Concello.

cartaz_muller

"Estampas de Teo a través dos poemas de Rosalía de Castro"

O 24 de febreiro un ano máis, xunto cos demais equipos do centro, celebramos o Día de Rosalía. Dende a biblioteca escolar quixemos sumarnos a esta celebración. Aproveitando que estamos traballando no PDI: "Investiga Teo con Tilandra" e dado que este concello conta cunha gran riqueza paisaxística quixemos rendir unha pequena homenaxe a esta autora a través da paisaxe teense.

 

Distribuir contido