CONCURSO MASCOTA DA BIBLIOTECA

Para coñecer as bases preme na imaxe.

Outono nos Tilos

O outono xa chegou e no CEIP OS TILOS facémoslle honra.

As alumnas e alumnos de 1º, xunto coas nosas titoras, celebramos o outono con distintas actividades.

Recollemos follas secas para facer murais dentro e fóra das aulas. Tamén engadimos ourizos de castiñeiro, castañas e algúns animaliños.

A nosa mascota Pupi, xunto con Lila, tamén quixo celebralo con nós e achegouse ata aquí para desfrutar da paisaxe.

Melloras na biblioteca

Asi é como quedou a biblioteca despois do lavado de cara que lle fixemos.

Video: Contos na carballeira

sentímolo, flash non está dispoñible.

Contacontos na carballeira

Hoxe as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º lémoslles contos ás nenas e nenos máis pequenos do colexio. A nós tocounos lérllelos ás alumnas e alumnos de Educación Infantil de 5 anos. 

Foi moi bonito e divertido. Pasámolo moi ben e aos/ás pequenas/os gustoulles moito. Todos xuntos, na carballeira, desfrutamos da lectura e do bo tempo.

Foi unha experiencia marabillosa!

4º B

Distribuir contido