Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

OBRADOIRO XOGOS DO MUNDO

O venres 8 de abril, o alumnado do CEIP Plurilingüe Os Tilos desfrutou dunha actividade enriquecedora de carácter lúdico. O equipo de extraescolares, en colaboración co concello e Os Biosbardos organizaron a xornada. Se premes na imaxe, terás acceso a Galería da Web.

ELLA

Para celebrar o Día Internacional da Muller, engadindo ás actividades xa publicadas na web, o alumnado do Ceip Plurilingüe Os Tilos, interpretou a coreografía da canción "Ella " de Bebe. Dende a clase de educación musical inténtase dar visibilidade a un día tan importante como é este. 

1 de abril. Día das Artes Galegas

Laxeiro é o protagonista do Día das Artes Galegas 2022. Foi unha destacada figura da cultura galega do século XX.

José Otero Abeledo (Lalín, 1908 - Vigo, 1996)

Pintor que soupo absorber a cultura popular galega e transformala nunha obra innovadora que perfeccionou ao longo dos anos.

Dende o centro, coa colaboración dos equipos de biblioteca, dinamización da lingua galega e plurilingüismo elaboramos unha montaxe dun cadro do pintor. 

Maleta viaxeira do Camiño de Santiago

Ao longo do mes de Abril, contamos coa maleta viaxeira de Bibliotecas Escolares coa temática do Camiño de Santiago. Atopamos libros moi interesantes para afondar no PDI que abordamos neste curso.

RECOMENDACIÓN USO MÁSCARAS

DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE DOWN. SOMOS ÚNICOS E DIFERENTES

En decembro do ano 2011, a ONU sinalou o 21 de marzo como Día Internacional da Síndrome de Down. Con esta celebración, trátase de xerar unha maior conciencia pública sobre a cuestión. Lembrar a dignidade e valía que aportan á sociedade. Para conmemorar esta data, os nenos e nenas de cuarto curso de educación primaria, construíron un cartaz. No día de hoxe, asistiron ao colexio cos calcetíns de distinta cor. Amosamos unha mostra do acontecido.

 

 

POESÍA NO CAMIÑO. 21 DE MARZO

Para celebrar o Día da Poesía, compartimos con vós, versos, estrofas e poemas que forman parte da literatura galega. Coa actividade "Poesía no camiño", relacionamos a literatura poética co PDI "Tilandra no camiño". Propuxémoslle ao alumnado, que investigaran sobre poemas que nos falen do camiño. Para a presentación da poesía, eliximos un elemento de suma importancia a hora de abordar as diferentes etapas da peregrinación:AS BOTAS!!! As botas mitigan o cansanzo do corpo; a poesía fomenta o pensamento libre e crítico, a sensibilidade da alma emerxe e acrecenta a paz interior. Paz que tanto necesitamos neste intre.

 

SEMANA DA PRENSA

Do 7 ao 11 de marzo é a data fixada como "A semana da Prensa", aínda que ao longo de todo o curso, traballamos con diferentes recursos para integrar aos medios de comunicación na aulas. Nas distintas áreas lingüísticas,  o alumnado elabora noticias, analiza novas que aparecen na prensa relacionados con distintos temas, prepáranse preguntas para unha entrevista, recompílanse novas para elaborar un mural... Imos a reflectir nesta páxina algúns dos traballos realizados para a conmemoración.

-O alumnado de quinto realizou unha entrevista a Pere Tobaruel e exerceron o labor de maquetar coma se fose un xornal.

Visita de Pere Tobaruela.

O mércores 16 de marzo,  visitou o colexio o escritor Pere Tobaruela. O nenos e nenas de quinto A e B de educación primaria, desfrutaron dunha fructuosa e interesante charla. Poideron coñecer e intercambiar opinións sobre os diferentes libros do autor, especialmente o lido polo alumnado: "Formigas, Misión camiño de Santiago". Unha lectura que serviu para ampliar os coñecementos que abordamos neste curso, dentro do Proxecto de centro "Tilandra no camiño".

 

XUNTAS NO MESMO CAMIÑO

Co gallo do Día Internacional da Muller 2022, dende os equipos do centro, promovemos distintas actividades co obxectivo de lograr a igualdade entre os xéneros, igualdade efectiva para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible.

Actividades:

En relación ao Proxecto: "Tilandra no camiño", o alumnado de cuarto de Educación Primaria, realizou un traballo de investigación, sobre unhas mulleres emblemáticas na cidade de Santiago de Compostela: As Marías da Alameda. Elaboraron un cartaz e para rematar gravaron un audio explicativo sobre elas.

Distribuir contido