Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

INICIO DO CURSO ACADÉMICO 2020/2021

 INICIO DO CURSO ACADÉMICO 2020/2021

O martes día 8, a partir das 12:00, publicaranse as indicacións respecto ás entradas e saídas do centro, medidas hixiénicas, e demais información.

O alumnado de educación infantil, de momento, non utilizará mandilón.

Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 serán os alumnos de:

4º curso de Educación Infantil (3 anos).

5º de Infantil.

1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciarán o curso escolar os alumnos de:

6º de Educación Infantil.

4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.

Recordámoslle a importancia de descargar a aplicación Abalar-Móbil no teléfono para poder recibir comunicacións do centro.

Manual de instalación:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

Poden consultar toda a información facilitada pola consellería no seguinte enlace:

www.edu.xunta.gal

O plan de adaptación do protocolo do centro, información sobre o inicio do curso, organización e demais información colgarase nos vindeiros días.

 

 

AdxuntoTamaño
Calendario escolar.pdf718.79 KB