OBRADOIRO SOBRE A INDUSTRIA FORESTAL

Ao longo deste curso pretenderemos afondar no coidado da nosa contorna como parte principal do PDI: Tilandra pensa en verde. Sinalar a importancia de coñecer e apreciar a natureza da nosa terra. E para comezar có proxecto deste curso que mellor cá un obradoiro onde nos expliquen a importancia dos noso bosques.Así é que o alumnado de quinto de Ed. Primera participou nun obradoiro impartido por ASEFOGA, Axencia Galega da Industria Forestal que en colaboración ca Asociación de Desenvolvemento Rural puxo en marcha o proxecto "Divulgación da industria forestal en centros educativos de primaria". Mediante este obradoiro o que se pretendeu foi levar ás aulas a importancia e as vantaxes da industria forestal. Para iso abordaron catro temáticas relacionadas co medio ambiente:

-A madeira na construción.

-A xestión forestal sostible.

-Vantaxes ambientais do uso da madeira.

-A biomasa como produción de enerxía

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet