LETRAS GALEGAS 2019

 Este ano a Real Academia Galega elixiu a Antón Fraguas Fraguas, autor nacido en Loureiro, Cotobade (Pontevedra) que dedicou a súa vida ao estudo e a defensa de Galicia. Traballou para difundir e recompilar a lingua e cultura popular galega. Así é que ao longo do mes de maio traballamos sobre a biografía do autor e as súas inquedanzas.

O 16 de maio celebramos as Nosas Letras e amosamos aos demais compañeiros do cole os traballos realizados. Para comenzar o festexo, eliximos a "Muiñeira de Chantada", dende os máis cativos aos maiores do cole, todos bailamos a ritmo de muiñeira.

 

 A festa tivo que continuar dentro do colexio, a causa da choiva.

 

 

Cada aula elixiu un tema para estudar a obra de Antón Fraguas. Este é o resultado final.

 

 Preme na foto do mural e podes ver algunhas imaxes da celebración.

O alumnado de segundo recopilaron información sobre os apeiros do agro e elaboraron este mural.

 

 Aquí deixamos un video sobre a actuación do alumnado de segundo de educación primaria nas Letras. Contraseña: letrasgalegas.

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet