ENTROIDO SAUDABLE

 

O 1 de marzo celebramos o Entroido no colexio, co lema "Entroido saudable". Desfilamos desde o centro ata o parque dos Tilos. Había macedonia de froitas, corazóns saudables, persoal sanitario, chefs, iorgurtilos, vacas e leiteir@s, amorodos, materia en estado puro e deportistas.  Cada curso acompañaba o seu disfrace cunha pancarta relativa ao mesmo. Tivemos a compaña das familias e para repoñer as forzas degustamos unha riquísima merenda: orellas, filloas, froita, rosquillas ...Como remate da festa queimamos o meco que elaboraron os alumnos de sexto de primaria.

Agradecemos a participación de toda a comunidade educativa, con especial mención a ANPA pola súa colaboración. 

Se premedes na imaxe veredes o resultado deste día.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet