DO XIX AO XX: LIBRE O MEU PENSAMENTO!

O vindeiro 24 de febreiro é o Aniversario de Rosalía de Castro. Para homenaxear a escritora decidimos sumarnos a iniciativa da AELG. Este ano propón desenvolver actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais presentes na obra de Rosalía. Seguindo o itinerario do noso proxecto traballamos o poema rosaliano Miña casiña, meu lar, onde a escritora reflexa as carencias da época xa que conta a dificultades que tiña a protagonista para cociñar un simple prato de caldo. Cada aula do colexio elixiu unha estrofa e a escribiu nunha cunca do caldo. Velaquí o resultado!

 

Powered by Drupal - Design by artinet