COMEMOS O MEDO!

Co gallo da celebración do Magosto e do Samaín os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega propuxemos as seguintes actividades. Comezamos cun Obradoiro de "Alimentos monstruosos " realizado na biblioteca  coa finalidade de elaborar o cartel anunciativo do festexo. Dado que os alimentos son unha parte importante do proxecto "Tilandra medra sa" decidimos convertelos en monstros. Posteriormente convidamos ás familias para que participasen na xa tradicional "Exposición de Outono", este curso cunha novidade, ademais das cabazas  tamén trouxeron froitos decorados. A temática para a decoración xirou arredor dos estilos de vida saudable. Non podían faltar os contos de medo. Os nenos e nenas maiores disfrazados de meigas e trasnos contáronllos aos máis pequerechos do colexio e moi amablemente o auxiliar de conversa David participou nesta actividade compartindo na súa lingua contos e lendas coa rapazada. O día da celebración foi o 2 de novembro, as rapazas e os rapaces do colexio puideron maquillarse ou "tunear" o pelo. A actividade programada da participación por parte do alumnado nos xogos populares  por mor  da choiva foi suspendida. A degustación das castañas e postres que aportaron as familias a través da ANPA seguiu adiante.

Vaia a nosa gratitude a todas as familias e a ANPA que veñen respondendo positivamente a nosa chamada.

 En breve publicaremos unha pequena mostra do acontecido.

 

 

<!break>

Powered by Drupal - Design by artinet