LETRAS GALEGAS 2018

  O mércores 16 de maio, celebramos as Letras Galegas deste curso. O ano 2018 sobresae por ser a cuarta vez na que a Real Academia Galega elixe a unha muller para homenaxear no Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno Márquez unha "galega de adopción". No cole estivemos investigando sobre a súa vida e as súas obras. Nesta páxina podedes ollar algunhas das vivencias do Día das Letras Galegas.                                                                                                       

 A celebración comezou cos nenos e nenas de 2ºE.P., cun contacontos sobre "O cataventos". De seguido todas as aulas presentaron o traballos sobre a autora. Posteriormente o alumnado de sexto elaborou unhas divertidas regueifas. Todos xuntos construímos un cartel cunha frase do libro Agnanórise de María Victoria: " AS PERSOAS ESTAMOS FEITAS PARA LEVAR ADIANTE OS PROXECTOS MAIS FERMOSOS". De man dos alumnos de sexto sonou na frauta a melodía da Muiñeira de Lugo. E para o remate tod@s xunt@s bailamos unha adaptación da Muiñeira de Lugo. Se "clicades" na primeira imaxe veredes algunhas fotografías do Día das Letras.

E tamén podedes observar que ben bailamos!