21 de marzo: Día Internacional da Poesía

O día 21 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Poesía. Nesta ocasión, para lembrar este día, fixemos un gran cartaz cun anaco do poema: "Os ollos dos Poetas" de Rosalía Morlán, no que mediante un caligrama, tentamos recrear unha das formas máis comúns que teñen os petróglifos do noso Concello.

cartaz poesiaAo longo dos días 21, 22 e 23 leváronse a cabo as seguintes actividades:

  • Na área de plástica, o alumnado de 4º de Primaria ilustrou un poema do libro "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017).
  • Lecturas compartidas de poesía: durante a "Hora de ler" o alumnado compartiu as súas poesías favoritas cos seus compañeiros.
  • Creación dun "Recuncho poético": no que o alumnado foi poñendo as súas propias creacións,os seus poemas favoritos e ilustracións dos mesmos.

Powered by Drupal - Design by artinet