ABRIDE AS FIESTRAS ROSALÍA 2018

 

                                                                                                                                            

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro 2018, o EDLG coa colaboración do Equipo da Biblioteca, Extraescolares, TICS e Convivencia sumámonos as actividades propostas pola asociación de escritores en lingua galega(AELG) . Para iso, pedimos a cooperación das familias do colexio. Este ano o lema proposto é "Abride as fiestras". Así é que o alumnado xunto coas familias e os mestres/as, elaboraron uns soportes onde houbera algún elemento iconográfico de Rosalía e  ou algún verso, estrofa ou poema da homenaxeada. O venres 23 celebramos o Día de Rosalía coa participación do Concello. Os nenos e nenas do colexio recitaron uns versos ou estrofas dos poemas de Rosalía. Todos xuntos bailamos o son dos gaiteiros coa música do poema Alborada e ao remate os nenos e nenas de sexto acompañados das súas guitarras interpretaron "Adios ríos, adios fontes". Podedes ver as fotos se clicades no cartaz. Grazas pola vosa colaboración!

 

 Aquí deixamos un vídeo onde podedes ver os traballos sobre Rosalía. Preme no enlace para velo.

 

 

 

 

                                                                
ROSALÍA 2018