Fin de curso

Rematou o curso. Para celebralo fixemos festa!

Na aula fixemos un gran banquete. Tamén cantamos, bailamos e quitamos fotos do grupo para levar de recordo.

Despois, como o tempo nolo permitiu, saímos á carballeira. Alí xogamos, pasámolo de marabilla!

Por último a profesora dounos as notas e despedímonos, sobre todo de Uxía e de Rafa que o ano que ven non estarán aquí. Rafa volve a Córdoba e Uxía vaise a outro colexio. Moita sorte compañeiros!

4º B (Ver máis fotos na galería)