Letras Galegas 2017

Durante o mes de maio celebramos o mes das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é o autor ourensán Carlos Casares.

Aquí vos deixamos unha relación de libros que podes atopar na biblioteca.

Ao longo de todo o mes desenvolvéronse as seguintes actividades relacionadas coa nosa cultura e o autor homenaxeado:

  • Participación na "Regueifesta": Actividade proposta dende o departamento de música na que participou o alumnado de 5º de Primaria. Esta actividade tivo lugar o día 12 de maio no auditorio de Galicia.
  • "As árbores de Carlos Casares": actividade proposta polo EDLG na que cada nivel fixo un mural con forma de árbore onde foron colocando os traballos realizados sobre Carlos Casares.

arbores

  • O 16 de maio celebrouse un acto a nivel de centro no que cada nivel deu a coñecer os seus traballos a todo o centro. Asemade, o alumnado de 5º de Primaria representou a obra: "A galiña azul".
actõ acto2
obra1 obra2

 

  • O 18 de maio o alumnado de cinco anos recibeu a visita de Xosé Antonio Perozo.

perozo

  • O 22 de maio o alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiu á obra teatral "A galiña azul" no auditorio de Galicia

Powered by Drupal - Design by artinet