O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión para conmemorar este día elaboráronse varios cartaces:
- Pegadas da muller
- Elas fan o Camiño
- Mulleres que fan Camiño
Para a confección deste último cartaz o alumnado tivo que realizar unha pequena investigación sobre mulleres famosas, da súa propia familia, amigas,... que fixeran o Camiño de Santiago.