Entroido no Camiño

O 24 de febreiro celebramos o Entroido no noso centro. O tema elixido foi o Camiño de Santiago e a súa época de maior esplandor: "A Idade Media".

Nesta ocasión contamos coa colaboración da ANPA Cobas para recrear un mercado mediaval con distintos postos tales como unha taberna, onde poidemos degustar productos típicos do Entroido, e obradoiros de cestería e tear.

Asemade, sorprendéronnos tamén coa visita dun mestre cetreiro que fixo as ledicias do noso alumnado.

E, para rematar a xornada, tivemos a queima do meco que, nesta ocasión, representaba un "asalta camiños".

Aquí vos deixamos un resumo de como transcurriu a xornada.

Powered by Drupal - Design by artinet