Novembro mes da ciencia: Visita ao Castro de San Cibrao de Las

Os nosos antepasados da Idade de Ferro establecéronse de forma permanente en poboados fortificados: os castros. O alumnado de 5º de Primaria visitou no mes de novembro o Castro de San Cibrao de Las. 

Participaron nunha interesante visita guiada ao xacemento e as excavacións que se estaban realizando nese momento. Tiveron tamén ocasión de converterse en "arqueólogos" por un día e deste xeito coñecer o "traballo de laboratorio" que hai detrás de todo o proceso de excavación.

Powered by Drupal - Design by artinet