Este mes de outubro celebramos o mes da biblioteca. Iniciamos o mes coa elaboración dun gran cartaz no que contamos coa participación do alumnado. O lema elixido tiña relación co proxecto a desenvolver ao longo de todo o curso: "Tilandra de Camiño a Santiago".
O lema nesta ocasión foi: "Poñémonos ao Camiño. Únete a nós".
Ao longo de todo o mes desenvolvéronse as seguintes actividades:
- Entrega das bibliocaixas ás aulas.
- Formación de usuarios para os novos colaboradores.
- Sesións de formación de usuarios coa proxección do vídeo: "Tilandra davos a benvida", no que a mascota amósalle ao alumnado como se atopa organizada a nosa biblioteca.
- Visitas á biblioteca e entrega de carnés e guías de usuarios.
- Exposición de libros que falan de bibliotecas e libros.