30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de Xaneiro celebramos o Día escolar da Paz e non violencia. Este curso o lema foi: "A Paz está nas nosas mans e nos nosos corazóns". Todo o alumnado participou no confección dun gran cartaz no que foi poñendo as súas mans pintadas e corazóns. Asemade cada aula escribiu nun bocadillo a palabra paz no idioma do país que estaba estudando. 

 

 Tamén lemos o poema de Gloria Fuertes "Sólo tres letras" nos idiomas galego, castelán, inglés, francés e árabe. Rematamos o acto cantando todos xuntos a canción de Mamá Cabra "O mundo é grande" que da título ao proxecto documental integrado que traballamos ao longo de todo o curso.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet