Contido popular
Título | Resumo | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
GALICREQUES 2019 |
Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron das andanzas de dous irmáns limpabotas. Riron e divertíronse moito con eles. Moitas grazas por visitarmos!
|
||||||
CONVIVENCIAS NO CEIP OS TILOS |
O pasado día 3 de maio recibimos aos compañeiros/as de Calo e A Ramallosa para celebrar a terceira xornada de convivencias escolares deste curso. A xornada desenvolveuse nas pistas do parque de Os Tilos, na pista do patio de recreo do colexio e no ximnasio. Realizamos diferentes actividades deportivas: voleibol, fútbol, baloncesto e brilé. Os alumnos/as disfrutaron doutra xornada lúdica que se vai completar no mes de xuño coa acampada . Pincha na imaxe pare ver fotografías deste día. |
||||||
EXPERIMENTOS |
Ao alumnado de 4º quedoulle bo "sabor de boca" da semana dos experimentos que tivemos no mes de novembro polo que decidiron afondar no tema dos experimentos con fluídos (aire e auga). Concretamente, o alumnado de 4ºB estivo realizando unhas sesións de experimentos científicos, onde tiñan que realizar e explicar en que consistía cada un. Foi un traballo realizado en grupos de 4 ou 5 alumnos e que resultou moi enriquecedor. Deixo aquí o enlace ás presentacións dos traballos dos alumnos, espero que resulten interesantes...
https://edu.glogster.com/glog/experimento-con-maicena-e-auga/38twc3db9ao https://edu.glogster.com/glog/como-inchar-un-globo-sen-soplar/35jwurspti4 https://edu.glogster.com/glog/experimentos-con-aire-e-con-auga/30leal2mirg https://edu.glogster.com/glog/experimento-coa-auga/38xu6q28o2c |
||||||
23 ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO |
Hoxe é o Día Internacional do libro, e os alumnos do centro lémbranse das "lecturas na carballeira" que facíamos por estas datas, pero dada a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir, temos que buscar outras alternativas para lerlles os contos aos máis pequechos. Nas aulas virtuais de 4º e 6º educación infantil podedes ver aos conta contos de 1º de educación primaria, e na aula virtual de 1º podedes atopar os contos do alumnado de 5º de educación primaria. Aula virtual de 4º de educación infantil: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/aulavirtual/mod/folder/view.php?id=802 Aula virtual de 6º de educación infantil: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/aulavirtual/course/view.php?id=39 Aula virtual de 1º de educación primaria: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/aulavirtual/course/view.php?id=33 Contos de 5º de educación primaria: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/%20%09%20http%3A/%252Fwww.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/system/files/vlc-record-2020-04-22-21h09m12s-conto_mkv-.flv%20%09%20http%3A/%252Fwww.edu.xun Cómic de 6º de educación primaria elaborado por unha alumna: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/taxonomy/term/8
Qué teñades un bo Día Internacional do Libro!!! E xa sabes: MELLOR QUÉDATE NA CASA!! |
||||||
Protocolo Covid-19 de Uso da Biblioteca | |||||||
Kahoot sobre as Aves |
Kahoot realizado polo alumnado de 1ºB para traballar os contidos relacionados co proxecto "As Aves" http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/575
|
||||||
Certame de poesía ANOMAR |
Os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria participaron no certame de Poesía da Asociación Anomar. Ao longo do mes de novembro traballaron a composición de poemas en lingua galega e libremente optaron por presentarse ao concurso. Cal foi a nosa sorpresa que un alumnno do centro resultou premiado. Noraboa a Iván Fernández Montero. Parabéns! Deixamos o enlace da Voz de Galicia onde se recolle un artigo sobre a entrega de premios. |
||||||
"Jerusalema Challange" |
A principios de novembro, dende o CEIP PLURILINGÜE OS TILOS, propuxémonos levar a cabo un reto, o "Jerusalema Challange". Dito reto fíxose famoso polo baile realizado po runs nenos e nenas dun orfanato de Angola, África. Nel podíase ver como cativos de tódalas idades bailaban o son dunha canción. Dende o Centro quixémonos sumar a este reto, para poder desfrutar non só da danza africana, senón tamén, do traballo en equipo. Ademais de pór unha pouca de luz, nun momento tan escuro. Foi un mes e medio intenso, de ensaios e posteriormente gravacións, que deu como resultado, non só o video que veremos a contiuación, senón unha actividade donde tódolos nenos e nenas o pasaron xenial de principio a fin. |
||||||
Día escolar da Non Violencia e da Paz 2021 |
Como cada ano, o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da non Violencia e a Paz" baixo o lema "RespectArte, ValorArte e EmocionArte con Tilandra", relacionado co PDI que se desenvolve no centro ao longo deste curso. Con tal motivo, lembramos a necesidade de educar para a tolerancia a solidariedade e o respecto aos demais. Actividades: |
||||||
21 de marzo: Día Internacional da Poesía |
O día 21 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Poesía. Nesta ocasión, para lembrar este día, fixemos un gran cartaz cun anaco do poema: "Os ollos dos Poetas" de Rosalía Morlán, no que mediante un caligrama, tentamos recrear unha das formas máis comúns que teñen os petróglifos do noso Concello.
|
||||||
Obradoiro de poesía: "Construímos versos" |
Durante os días 11 e 27 de abril o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participaron no obradoiro de poesía: "Construímos versos" coa autora teense Claudia Castro, gañadora do:
|
||||||
O alumnado de 2º B expón os seus traballos sobre o Concello de Teo |
Do 21 ao 24 de maio, na biblioteca do cole, tivo lugar a exposición dos traballos realizados polo alumnado de 2º B de Primaria sobre o Concello de Teo. O alumnado, repartidos en grupos de 4 nenas e nenos, encargáronse de estudar dúas ou tres parroquias do Concello. Estes traballos fixéronse nas casas coa colaboración das familias. Unha vez rematados cada grupo amosoulle aos seus compañeiros e compañeiras o libro que fixeron e expuxéronlles a información recollida. Moitas grazas ás familias pola colaboración e por ensinarnos tantas cousas sobre as parroquias do noso Concello.
|
||||||
SEMANA DA PRENSA | |||||||
CONTACONTOS IAGO LÓPEZ |
Hoxe visitounos o autor Iago López que nos contou o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Disfrutamos moitísimo desta actividade, e a Iago gustoulle o noso cartel do Día do Libro, será polo guapo que sae o cociñeiro Martiño. Se seleccionas a imaxe para ver todas as fotos da xornada.
|
||||||
OS AMORODOS DE 5 ANOS |
O alumnado de 5 anos durante o curso 2018/19 estivo a investigar sobre os ALIMENTOS (pirámide alimenticia, grupos de alimentos, propiedades nutricionais de cada un deles, a importancia de levar a cabo unha alimentación equilibrada, etc). En relación con este proxecto de traballo tivemos a oportunidade de realizar una saída moi interesante ao Supermercado Gadis. Alí se lles volveu a recordar aos nenos/as a importancia de seguir as orientacións da pirámide nutricional, tendo en conta as características dos diferentes grupos de alimentos e así mesmo os puideron observar nas distintas seccións. Tamén recibimos unas charlas no colexio sobre este tema e asistimos a unha actividade de contacontos do autor Iago López, O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS. Por outra banda, profundizamos no grupo das froitas, e sobre todo no AMORODO. Temática que aproveitamos para disfrazarnos no Entroido. Como actividade final deste proxecto,aproveitamos para expoñer no corredor do centro escolar, material elaborado polos menos/as, murais informativos, receitas, carteis, etc..
|
||||||
PROXECTO "A VACA" - GRUPO 3 ANOS |
Este proxecto está enmarcado dentro do P.D.I. “Tilandra medra sa”. Aínda que se levou a cabo ao longo do 3º Trimestre deste curso, o eixe motivador do mesmo desenvolveuse durante o segundo coas actividades levadas a cabo no Entroido, na que fomos disfrazados de vacas e leiteiros/as. A curiosidade polas vacas foi en aumento, tras descubrir unha mañá que a nosas clases estaban cheas de pegadas deste animal e nun recuncho da clase apareceu un cartón de leite. Todos estabamos moi emocionados…! tiñamos que aprender moitas cousas sobre aquel animal que nos visitara e que nos aportaba na nosa alimentación. O obxectivo principal deste proxecto documental foi iniciar ao noso alumnado de 3 anos na investigación, a elaboración de hipóteses, aprender a reflexionar e sacar conclusións… ; en definitiva a pensar e ser críticos. Durante este proxecto tiveron un papel moi importante as familias, sobre todo na aportación de información e materiais, así como na realización dalgunhas actividades como a “cow parade” cunha moi boa acollida polo que estamos inmensamente agradecidas. Entre as actividades desenvolvidas cabe sinalar a elaboración dun dossier con información, obradoiros de cociña, experimentos, un vídeo documental sobre a vaca e moitas máis actividades … Toda esta información está recollida no noso blog http://tilinhos.blogspot.com/ no apartado: “PDI: A vaca”. Alí poderedes observar todo o traballo desenvolvido polo alumnado de 3 anos. Agardamos a vosa visita!!!
|
||||||
ALIMENTACIÓN SAUDABLE |
Ao longo do curso o alumnado de segundo de educación primaria traballamos os seguintes aspectos dentro do proxecto de centro "Tilandra medra sa" Aquí deixámosvos un guión para que cando visitedes a nosa exposición saibades o que realizamos. -Pirámide de alimentos: frecuencia coa que debemos comer os alimentos. -Obradoiro de cociña: saborosa larpeirada. -Macedonia de froitas: macedonia natural e disfraces de entroido. -Menú saudable: bandexas. -Estudo dun froito/a: a castaña e a sandía. -Agricultura, cultivo de alimentos: apeiros para traballar no agro.
|
||||||
EXPOSICIÓN "TILANDRA MEDRA SA" |
O martes 4 de xuño celebramos a xornada de portas abertas da Exposición "Tilandra medra sa". Na entrada acharedes un mural con códigos QR onde veredes os traballos realizados ao longo do curso. |
||||||
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE TÍTERES |
En relación co PDI: Tilandra pensa en verde, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria asistiron a un obradoiro de títeres con material reciclado: teas, la, cartón... Deixámosvos unha pequena mostra.
|
||||||
TITIRIBERIA |
O alumnado de educación infantil e primeiro de educación primaria do colexio, asistíu a unha representación dentro do Festival de Títeres Tradicionais. Titiriberia
|
||||||
IAGO LÓPEZ VISITA O COLEXIO |
Os nenos e nenas de educación infantil tiveron a visita do autor Iago López, que presentou o seu novo traballo:"Contos para levar no peto". Unha sesión de contacontos que os máis pequechos desfrutaron moito.
|
||||||
ÁRBORE DE NADAL |
Este ano a árbore de Nadal estivo cargadiño de adornos que as familias enviaron. Para a elaboración empregaron material reciclado. O resultado foi extraordinario. Grazas ás familias do colexio pola vosa colaboración.
|
||||||
VISITA DO APALPADOR |
Un ano máis recibimos a visita do apalpador da man do avó dunha alumna do centro. Moitísimas grazas pola túa colaboración.
|
||||||
A PATRULLA VERDE |
Como parte fundamental do proxecto de centro deste curso, contamos coa acción da Patrulla Verde.Son os encargados de revisar que o patio do colexio se manteña limpo. Forman parte dela os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación primaria. Levan un chaleco que os identifica e unha axenda onde apuntan que materiais de refugallo atopan cada día.
|
||||||
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. "A TERRA EN FEMININO" |
O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras do téxtil saíron as rúas de Nova York co lema "Pan e rosas". Unha protesta polas míseras condicións laborais, a reivindicación de xornadas de traballo xustas e o fin da explotación infantil. Dende o centro quixemos sumarnos á conmemoración do Día Internacional da Muller e por iso elaboramos un cartel e un libro:" Mulleres polo medio ambiente". Este curso realzamos ás mulleres que loitan por preservar a terra, mulleres que son valentes, sabias, tolerantes emotivas... Para o libro "Mulleres polo medio ambiente", contamos coa colaboración das familias. MOITAS GRAZAS!
|