Decembro 2019

VISITA DO APALPADOR

 Un ano máis recibimos a visita do apalpador da man do avó dunha alumna do centro.

Moitísimas grazas pola túa colaboración.

 

 

ÁRBORE DE NADAL

 

 Este ano a árbore de Nadal estivo cargadiño de adornos que as familias enviaron. Para a elaboración empregaron material reciclado. O resultado foi extraordinario. Grazas ás familias do colexio pola vosa colaboración.

 

O FILLO DO REI

Para rematar o ano adicado a Antonio Fraguas, ao longo do primeiro trimestre, o alumnado de educación primaria leron e traballaron "O fillo do rei e outros contos populares" da Editorial Galaxia. É un libro de contos populares recollidos e creados polo pobo que chegaron ata nós transmitidos de xeración en xeración. O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019 recopilou e coidou este patrimonio inmaterial galego. Como finalización do estudo asistiron ao Auditorio Constante Liste da Ramallosa onde Xoán Curiel e Charo Pita agasalláronnos cun teatro musical misturado coa narración oral.

 

 

 

IAGO LÓPEZ VISITA O COLEXIO

 Os nenos e nenas de educación infantil tiveron a visita do autor Iago López, que presentou o seu novo traballo:"Contos para levar no peto". Unha sesión de contacontos que os máis pequechos desfrutaron moito.

 

TITIRIBERIA

 O alumnado de educación infantil e primeiro de educación primaria do colexio, asistíu a unha representación dentro do Festival de Títeres Tradicionais. Titiriberia

 

GALICREQUES 2019

 Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron das andanzas de dous irmáns limpabotas. Riron e divertíronse moito con eles. Moitas grazas por visitarmos!

 

CONTOS DE MEDO

O alumnado de quinto e sexto prepararon uns contos de medo para lerlles aos máis pequenos do cole. Disfrazáronse e representaron as súas historias  preferidas. Algunhas creadas por eles, outras adaptadas dos contos clásicos. Unha actividade moi enriquecedora para todos e todas. O entusiamo trasladárono ao traballo realizado. Noraboa aos participantes!

 

Powered by Drupal - Design by artinet